Discurso galego contra as presións das revistas científicas na editorial do British Medical Journal

Dos investigadores do IDIS asinan unha tribuna na prestixiosa revista británica contra estudos científicos retractados que acaban nas guías clínicas

“A presión para publicar, sumada ás prácticas editoriais neglixentes das revistas ou editoriais, propicia a mala práctica científica”. É o discurso dos investigadores do IDIS Alberto Ruano e Cristina Candal na British Medical Journal, unha das publicacións de medicina máis prestixiosas nas que os científicos galegos firman unha editorial na que alertan das consecuencias que as tendencias na investigación arrastran para a propia ciencia e a atención sanitaria.

Ruano e Candal, membros do grupo de Epidemioloxía, Saúde Pública e Avaliación de Servizos do IDIS, alertan nunha columna no último número da revista británica das tendencias neglixentes no mundo da investigación científica, que enfronta un grave problema que pon en cuestión o desenvolvemento do coñecemento e a confianza da cidadanía na propia ciencia.

Publicidade

O espazo de opinión dos investigadores galegos acompaña un artigo que advirte da problemática da publicación de guías de práctica clínica ou meta-análise que, como explica o catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, Alberto Ruano, “inclúen recomendacións que cambiarían se fosen eliminados artigos retractados incluídos nesas sínteses de evidencia científica”.

Os galegos poñen o foco no grande incremento de retractacións que se están a dar nos últimos anos, unha realidade que ligan ás presións para publicar e a mala praxe das publicacións científicas. A isto, súmanlle o crecemento dos denominados papers mills, é dicir, a produción en masa de manuscritos científicos que, en moitas ocasións, inclúen datos falsificados ou duplicados que son vendidos aos investigadores.

Publicidade

“A integridade científica é fundamental non só para o desenvolvemento da ciencia, senón tamén para que a sociedade confíe na comunidade científica e a investigación”, sinalan o catedrático e a profesora Candal Pereira, que escolleu para a súa tese doutoral a proliferación de datos falsificados en investigacións científicas.

Consecuencias na atención

Estas malas prácticas na investigación non quedan só no eido científico, senón que chegan a ter impacto na atención aos pacientes. Así o amosan varios autores en publicacións na British Mecial Journal, que conclúen que os artigos rectificados levan a adoptar decisións con falsos beneficios ou con efectos non desexados.

Este estudo recolle que a eliminación dos ensaios clínicos retractados, algúns deles incluídos en guías de práctica clínicas de sociedades científicas, motivou un cambio de dirección no 8% das metanálises.

“As sociedades científicas, revistas e autores deses documentos con recomendacións que cambiarían tendo en conta eses artigos retractados teñen a posibilidade de modificalas para evitar realizar intervencións que poden non xerar beneficio nos pacientes”, remarca o doutor Ruano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra a maior exposición a fume de segunda man en interiores entre mulleres novas

Un estudo revela que afecta o 41,3% das galegas de entre 15 e 34 anos, malia ser unha das comunidades con menor prevalencia de consumo

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía