Venres 26 Abril 2024

Unha clase para aprender ciencia e cociña con Pepe Solla

Dálle valor ao peixe” é o nome da iniciativa impulsada polo grupo de Bioquímica dos Alimentos do IIM-CSIC e a empresa Vegalsa-Eroski e dirixida polo cociñeiro Pepe Solla. A actividade, que conta tamén coa colaboración do Concello de Vigo, pretende achegar a alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria de colexios de Vigo a importancia dunha alimentación saudable, así como aprender sobre a calidade do peixe e a súa etiquetaxe.

Os obradoiros, que dan comezo este mércores 4, celebraranse no mercado do Progreso de Vigo. Durante as sesións, Solla ensinará aos asistentes algunhas especies de peixe pouco frecuentes na cesta da compra, pero co mesmo valor nutricional, como o xurelo, a xarda, o escacho ou a maragota; ademais, informará sobre a importancia do peixe na prevención de enfermidades e no coidado da saúde, así como coa información obrigatoria que debe aparecer nas etiquetas destes produtos.

Publicidade

Antes de cada un dos obradoiros, os escolares visitarán a peixaría de Vegalsa-Eroski situada no mercado do Progreso para aprender con exemplos reais, e posteriormente trasladaranse á cociña do mercado. Entre outros pratos, Solla preparará uns fingers de peixe, que despois degustarán os participantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A reconquista da oliveira galega: “As súas características botánicas fana única no mundo”

Este venres presentouse o ‘Grupo Operativo’ do CSIC que traballa na recuperación do oliveiral tras séculos abandonado na comunidade

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións