Unha clase para aprender ciencia e cociña con Pepe Solla

“Dálle valor ao peixe” é o nome da iniciativa impulsada polo grupo de Bioquímica dos Alimentos do IIM-CSIC e a empresa Vegalsa-Eroski e dirixida polo cociñeiro Pepe Solla. A actividade, que conta tamén coa colaboración do Concello de Vigo, pretende achegar a alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria de colexios de Vigo a importancia dunha alimentación saudable, así como aprender sobre a calidade do peixe e a súa etiquetaxe.

Os obradoiros, que dan comezo este mércores 4, celebraranse no mercado do Progreso de Vigo. Durante as sesións, Solla ensinará aos asistentes algunhas especies de peixe pouco frecuentes na cesta da compra, pero co mesmo valor nutricional, como o xurelo, a xarda, o escacho ou a maragota; ademais, informará sobre a importancia do peixe na prevención de enfermidades e no coidado da saúde, así como coa información obrigatoria que debe aparecer nas etiquetas destes produtos.

Publicidade

Antes de cada un dos obradoiros, os escolares visitarán a peixaría de Vegalsa-Eroski situada no mercado do Progreso para aprender con exemplos reais, e posteriormente trasladaranse á cociña do mercado. Entre outros pratos, Solla preparará uns fingers de peixe, que despois degustarán os participantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Novembro para descubrir, rir e namorar da ciencia en galego

A UVigo conmemora o Día da Ciencia en Galego cun programa de actividades que durará todo o mes

Ciencia para todo

A divulgación científica rigorosa e de calidade é máis importante ca nunca. Por Laura Filloy