Natureza en estado puro: 150 osos polares devoran unha balea

Imaxe tomada por membros da expedición turística. Foto: heritageexpeditions.com.
Imaxe tomada por membros da expedición turística. Foto: heritageexpeditions.com.

“Hoxe foi un deses días que nin eu nin os que me acompañaban esqueceremos na vida. Tes que vivilo para crelo, incluso había xente beliscándose a si mesa para asegurarse de que aquilo realmente aconteceu”. Así contaba Rodney Russ, un guía con máis de 30 anos de experiencia en viaxes de natureza, a experiencia que viviron na remota illa de Wrangel, no Ártico, xa ‘preto’ da península de Chukotka e o estreito de Bering, que separa Rusia e Alaska.

Mentres navegaban preto da costa de Wrangel, viron un considerable grupo de osos polares devorando unha gran balea boreal (Balaena mysticetus). “Contamos arredor de 150 osos de todos os tamaños e idades que se estaban alimentando da balea. Achegamos as lanchas para velo máis de preto e iso que o que levaremos con nós na memoria, non hai palabras para describilo”.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A inundación dun lago no Canadá, detrás dun dos últimos períodos glaciais?

Unha investigación na que participa o CSIC postula que o desbordamento do antigo lago Agassiz puido causar un súbito arrefriamento do clima 12.000 anos atrás

Morre a balea boreal que apareceu varada nunha praia de Tapia

O cetáceo, de 13 metros de lonxitude e 13 toneladas de peso, é un exemplar raro de avistar nas costas de Galicia e golfo de Biscaia