Morre a balea boreal que apareceu varada nunha praia de Tapia

O cetáceo, de 13 metros de lonxitude e 13 toneladas de peso, é un exemplar raro de avistar nas costas de Galicia e golfo de Biscaia

Unha enorme balea boreal de 13 metros de lonxitude e unhas 13 toneladas de peso morreu despois de quedar varada na praia de Serantes, no municipio de Tapia de Casariego, na costa asturiana veciña con Galicia. Este exemplar de Balaenoptera borealis varou vivo pero acabou falecendo. Tratábase dun individuo que, polo seu tamaño, xa era adulto. A balea foi atopada pola Garda Civil, que avisou á Coordinadora para o Estudo e Protección das Especies Mariñas (Cepesma), con sede en Luarca.

Segundo a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), que leva o censo dos varamentos na costa galega, “aínda que está presente en distintos momentos do ano dende Azores ao Golfo de Biscaia, e mesmo foi cazada con certa regularidade durante o século XX fronte á costa galega, esta é unha especie rara na costa norte de España”.

Publicidade

O pasado ano houbo 3 rexistros: outro exemplar varado preto de Ribadesella “e na CEMMA tivemos outros dous avistamentos en Galicia nos nosos embarques no verán”, afirman.

A lonxitude e peso da balea, unido ao feito de varar nunha zona de area e rochas pouco accesible, fixo imposible calquera intento de rescate deste cetáceo, que rematou morrendo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Especie vulnerable ou en perigo crítico? Un documental analiza a situación da candorca ibérica

O proxecto, no que participa a CEMMA, achega a visión de diferentes expertos sobre as interaccións cos cetáceos e incide en que non deben considerarse ataques

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal