Un habitante do rural percorre 15 km de media para acceder a un servizo público

En Galicia tres de cada catro municipios están clasificados como zonas de pouca poboación: esta circunstancia adoita conlevar limitacións á hora de garantir as necesidades básicas dos residentes

A Rede Localis, Rede de Administración Local, fai público un novo documento de análise do seu Observatorio Municipal Galego da Universidade de Vigo. Nel destacan que un habitante do rural debe percorrer unha media de 15 km para acceder a un servizo público e que o 76,6% dos municipios galegos están clasificados como ZPP (zona de pouca poboación). A análise foi elaborada por Alberto Vaquero, codirector da Rede Localis e profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense.

Segundo recolle o documento, os municipios situados nas contornas rurais adoitan presentar problemas e limitacións para poder garantir os servizos ás persoas residentes. “Aínda que isto non é patrimonio exclusivo de Galicia, esta situación vese acentuada polo forte proceso de envellecemento poboacional, baixa densidade demográfica, despoboamento continuado, reducida dotación e carencia de infraestruturas e a incapacidade para conseguir un desenvolvemento local endóxeno dos municipios rurais”, sinálase no informe. En Galicia, comenta o autor do traballo, a distancia que debe percorrer un residente no medio rural é de case 15 quilómetros para recibir un servizo público, mentres que non chega a tres quilómetros se reside nunha contorna urbana: “Con todo, a media nacional sitúase en 22,6 quilómetros no medio rural e 2,1 no medio urbano”, apunta.

Publicidade

Máis de 200 zonas de pouca poboación en Galicia

Respecto ás ZPP, o informe sinala que hai 240 municipios (76,7% do total) cualificados como “de baixa poboación”, a maior parte situados no marco rural con fortes singularidades de diferente natureza: económica, financeira e demográfica: “Todos eles teñen algúns trazos comúns, como as dificultades no seu funcionamento e para a prestación de servizos públicos”, comenta Alberto Vaquero. As diferenzas fiscais entre municipios catalogados como zonas con pouca poboación, zonas densamente poboadas e zonas de densidade intermedia en Galicia, engade o experto, “é evidente”.

Entre outras recomendacións, no documento a Rede Localis aposta por “introducir maiores doses de racionalidade nas prestacións de servizos públicos locais nos municipios rurais, en especial reflexionar se a Lei de Bases de Réxime Local introduce máis competencias aos municipios rurais que as que poden soportar polos seus propios medios”.

Publicidade

Outra posibilidade, engádese no documento, sería incrementar na medida do posible as bases impoñibles dos tributos. “Isto pasaría por un aumento do número de contribuíntes”, afirman. Pór en valor o medio rural e dar oportunidades de traballo ás persoas novas para que residan nestes municipios “pode ser unha vía moi interesante para explorar”. Por último, desde a Rede Localis subliñan que “somos plenamente conscientes de que a análise da casuística que hai nos municipios cualificados como ZPP en Galicia debe ir máis aló dun mero exercicio tributario. O axuste debería vir tamén dende a óptica do gasto, cun trato diferenciado que teña en conta as particularidades deste tipo de municipios”.


Podes ler a noticia completa do DUVI na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño