Un río atmosférico regará Galicia a partir do mércores na primeira borrasca do outono

O fenómeno meteorolóxico arrastrará moita humidade e deixará chuvias en practicamente todos os puntos da comunidade

Unha potente borrasca trae as primeiras tempestades do outono en España. A chegada dunha fronte activa que entrará polo noroeste peninsular deixará unhas xornadas marcadas pola auga e por un ambiente moito máis fresco e húmido: agárdanse máis de 100 mm de choiva acumulada.

Galicia é a zona onde se prognostica unha maior cantidade de auga: despois dunha fin de semana con intensas tormentas e na cal se contabilizaron ata 400 raios, a comunidade amence cunha situación intermedia, con baixas e altas presións e con ventos do oeste. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, situándose por debaixo dos valores da época. A semana comeza cuns ceos parcialmente nubrados, especialmente no norte da comunidade.

Publicidade

Para o martes agárdase a chegada dun sistema frontal dende o Atlántico, que deixará ceos cubertos e fortes chuvias na meirande parte de Galicia, destacando as provincias atlánticas. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento, de suroeste, irá gañando forza durante a mañá, quedando pola tarde moderado.

Humidade e máis choiva a partir do mércores

O río atmosférico instalarase na comunidade o mércores, arrastrando moita humidade e xerando unha circulación do suroeste intensa, segundo MeteoGalicia. As chuvias serán persistentes e, nalgúns puntos de Galicia, fortes. En canto ao vento, de suroeste forte, será especialmente forte no litoral do noroeste galego. Agárdase que as temperaturas máximas non superen os 23 graos nas catro provincias, deixando mínimas de 16 ºC en cidades como Lugo e Santiago.

Publicidade

O xoves, a fronte comezará a abandonar lentamente Galicia, deixando fortes chuvascos aínda así para o resto da xornada. Os ceos amencerán cubertos e con chuvias persistentes na meirande parte do territorio. Xa pola tarde, poderanse ver claros no ceo, cunhas choivas máis intermitentes.

Tamén baixará o vento no interior, mentras que no litoral seguirá sendo forte. Cara á fin de semana a probabilidade de auga será moito máis baixa, e gañarase influencia anticiclónica. As temperaturas, din dende MeteoGalicia, seguirán sen cambios, aínda que con valores nas máximas baixos para a época do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica