Sábado 7 Marzo 2026

O químico Luis Castedo recibe unha homenaxe internacional no seu 80º aniversario

O 4 de decembro de 1938 nacía en Ortigueira Luis Castedo Expósito, un dos químicos galegos máis relevantes das últimas décadas, mentor de moitos dos e das investigadoras que hoxe sitúan a Galicia na vangarda estatal con centros coma o CiQUS e as titulacións de Química ou Enxeñaría Química da USC. Para celebrar o seu inminente 80º aniversario, moitos dos seus discípulos e compañeiros decidiron renderlle homenaxe co encontro Prospect in Chemical Sciences II, que terá lugar este venres en Santiago.

A homenaxe contará coa presenza na Facultade de Química de Santiago de referentes da química orgánica a nivel internacional. Así, ademais do premio Nobel Jean-Pierre Sauvage, que falará ás 10 da mañá, intervirán despois Eric Jacobsen (Harvard), Chris Abell (Cambridge), Cristina Nevado (universidade de Zurich), e Maurizio Prato (CIC Biomagune).

Publicidade

A sesión de tarde comezará coa homenaxe a Luis Castedo, que estará presente no acto. E pecharase coa conferencia El Despegue de la Ciencia en España en los años 80, impartida polo químico e exvicepresidente do Goberno español Alfredo Pérez Rubalcaba.

A xornada comezará xa ás 9 da mañá coa inauguración por parte do reitor da USC, Antonio López, a conselleira de Educación, Carmen Pomar, a decana da facultade, Pilar Bermejo, o presidente da Real Sociedade Española de Química, A. M. Echevarren, e o director do CiQUS, José Luis Mascareñas.

Publicidade

Biografía de Luis Castedo

Luis Castedo, alumno doutro dos referentes da química orgánica en Galicia, Ignacio Ribas, (acabaría casando coa súa filla, Minia Ribas) comezou a súa carreira en Santiago, para despois facer o seu posdoutoramento en Cambridge, no laboratorio do Nobel Alexander Robert Todd, e alí aprendeu tamén acerca da síntese dos alcaloides xunto ao doutor John Harley Mason.

Á súa volta a Galicia, volviu a unirse ou equipo de Ribas ata que marchou ao País Vasco en 1972, onde conseguiu praza como profesor da UPV en Bilbao. Regresou a Santiago en 1975, e converteuse no xefe do departamento de Química Orgánica ata 1981, cando asumiu o posto de decano a Facultade de Química, que ocupou ata 1986.

Luis Castedo, xunto ao seu mestre e sogro, Ignacio Ribas. Foto: CiQUS.
Luis Castedo, xunto ao seu mestre e sogro, Ignacio Ribas. Foto: CiQUS.

Xunto a Ribas, afondou no coñecemento e descubrimento de novos alcaloides. Algúns deles bautizáronos con nombres galegos, como a ourensina, pontevedrina, coruñina, arousina ou santiaguina, co obxectivo de situar a Galicia no mapa internacional da química.

Ocuparía tamén responsabilidades políticas na Xunta de Galicia, como director xeral de Universidades e Política Científica entre 1986 e 1990, sendo impulsor das universidades da Coruña e Vigo.

Nos últimos anos de investigación explorou tamén novas vías na fronteira da química e a bioloxía. Durante a súa traxectoria dirixiu máis de 80 teses de doutoramento, foi autor ou coautor de case 500 artigos, varios libros e patentes.

En 2003 recibiu o premio Galicia de Investigación, e obtivo tamén recoñecementos de entidades estatais e internacionais como a RSEQ, a universidade de La Laguna ou o CNRS francés, además de ser doutor Honoris causa pola universidade do País Vasco. No 2009 recibiu a Insignia de Ouro da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Só un 1,6% de denuncias: os datos detrás das agresións sexuais a universitarias galegas en presenza de drogas

Un estudo da USC revela que o 87,3% dos agresores eran homes e case o 63% eran coñecidos das vítimas, principalmente en contextos de ocio

Radiografía das enfermidades raras: ciencia de fronteira, colaborativa e con pouco financiamento 

O grupo de Diana Valverde investiga dende o CINBIO a base molecular das ciliopatías, enfermidades de moi baixa prevalencia que afectan varios órganos causando cegueira, xordeira e malformacións

Un novo proxecto científico busca recuperar a comercialización da volandeira na ría de Vigo

O estudo VOLARIA do IEO-CSIC investigará as causas biolóxicas e ambientais da acumulación de elevados niveis de chumbo no bivalvo

A menstruación condiciona a vida cotiá de máis do 80% das mulleres en España

Un estudo con máis de 4.000 participantes revela que só unha de cada seis logra manter a súa rutina diaria sen cambios durante o ciclo