A xenial tira de Davila sobre o galego e a ciencia

O xenial debuxante Luís Davila sorprendíanos hai un ano con esta tira para o calendario da Universidade de Vigo. Toda unha reflexión sobre o galego na ciencia. Recuperámola porque esta semana, en GCiencia celebramos a Semana da Ciencia cunha ampla programación, organizando obradoiros científicos para escolares o xoves 29 e o venres 30 no museo Marco, na cidade de Vigo. Haberá tamén dúas conferencias, con dous grandes científicos e divulgadores: a primeira, a cargo de Antón Salgado, da UVigo, este xoves, ás 20.00 horas, no auditorio do Museo Marco, que nos falará dos segredos da riqueza submarina das illas Cíes co título “O fenómeno do afloramento costeiro”; a segunda, o venres 30, ás 20.00 horas, a cargo de Fran Rodríguez, do IEO, que encherá de luz o auditorio do museo para falarnos das algas bioluminiscentes co título “Un mar de cores para o Nautilus”. As dúas charlas son con entrada libre e gratuita ata completar o aforo.

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Como revivir a lingua

Estas son as estratexias das marcas para recuperar o galego, dende o derbi galego ata Inditex. Por Andrea Veiga