O Día da Ciencia en Galicia rende tributo ao químico Ignacio Ribas

A Real Academia Galega das Ciencias conmemora este sábado o Día da Ciencia en Galicia. A partir deste ano, tal e como acordou o plenario da institución, a data desta celebración quedará fixada o 8 de outubro, día do nacemento de Benito Xerónimo Feijoo. Este ano, será homenaxeado o químico Ignacio Ribas, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Ignacio Ribas Marqués naceu en Palma de Mallorca en 1901, aínda que desde 1942 e ata a súa morte, en 1996, residiu en Santiago de Compostela. Foi catedrático de Química Orgánica e Bioquímica na USC, e centrou a súa labor de investigación na obtención de produtos naturais procedentes de prantas autóctonas e da cortiza, co obxectivo de identificar novas substancias e poñelas en valor. Estes compostos empregáronse posteriormente na industria da perfumería.

Publicidade

Ribas Marqués foi o artífice do despegue da química orgánica en Galicia

Non en tanto, o seu principal obxecto de investigación foron os alcaloides das leguminosas: a xesta, a carqueixa ou o codeso permitíronlle obter sustancias ata entón descoñecidas, que el bautizou con nomes que rendían tributo a Galicia, como orensina, pontevedrina, coruñina ou santiaguina.

Ribas Marqués tamén destacou por ser autor de 157 publicacións científicas, , cofundador e primeiro presidente do Grupo Especializado de Química Orgánica da Real Sociedad Española de Física e Química e fundador da escola compostelá de química de produtos naturais, de gran prestixio internacional.

Publicidade

Para celebrar a efeméride, a RAGC organizará un acto académico aberto ao público que terá lugar este sábado 8, ás 12 horas, na Facultade de Química da USC, onde o catedrático Luis Castedo Expósito ofrecerá unha conferencia sobre a figura de Ignacio Ribas. Posteriormente, o xornalista Raúl Romar recibirá o Premio Galicia de Xornalismo Científico. Amais deste acto, a RAGC ofrecerá un extenso programa de actividades ao longo das vindeiras semanas, nas que se inclúe a difusión dun vídeo divulgativo sobre a figura de Ribas, unha conferencia para os estudantes de Química e outro acto de homenaxe organizado pola Universidade da Coruña.

Tamén se distribuirá polos centros escolares de toda Galicia, co apoio da Fundación Barrié, unha unidade didáctica sobre o científico. Pola súa parte, o Consello da Cultura Galega e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia tamén presentarán sendas publicacións arredor da vida e o legado do químico.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

O investigador Cristóbal Pérez súmase ao CiQUS para impulsar a espectroscopía molecular

O científico ten unha traxectoria recoñecida a nivel internacional no deseño e aplicación de instrumentación avanzada para estudar a estrutura e dinámica de sistemas moleculares complexos

Tres etapas, unha carreira: mulleres que fan ciencia no CiQUS

Investigadoras do Centro Sigular da USC relatan retos, avances e desigualdades dende a formación inicial ata o liderado con motivo do 11F, o Día da Muller e a Nena na Ciencia