Un cometa tan brillante como unha estrela verase en outono de 2024

Existe unha gran expectación respecto ao brillo deste astro, que o 13 de outubro do próximo ano acadará a súa mínima distancia coa Terra

Un novo cometa aproxímase cara a Terra e, con toda probabilidade, poderá verse en outono de 2024 con gran claridade. O Centro de Planetas Menores identificouno a finais de febreiro como C/2023 A3 (Tsuchinshan-ATLAS). Leva aparellado o nome dos centros que o detectaron. Uns días antes, o mércores 22 de febreiro, o telescopio ATLAS en Sudáfrica detectou un obxecto tenue que resultou ser o cometa, provisionalmente nomeado como A10SVYR. O obxecto xa fora captado polo Observatorio da Montaña Púrpura, tamén coñecido como Observatorio Astronómico de Zijinshan, o 9 de xaneiro de 2023, pero eliminouse dos rexistros e dérase por perdido. Estase xerando gran expectación respecto ao cometa.

Segundo o portal astronómico Starwalk Space en base aos cálculos do Centro de Planetas Menores, o cometa alcanzará unha magnitude de 0,3 entre o 5 e o 7 de outubro do 2024 e, por tanto, o seu máximo brillo. Isto significa que podería observarse desde a Terra á perfección durante esas datas. Con datos actuais, o astro atópase a 7,157 UA (unidades astronómicas) do Sol; o 27 de setembro de 2024 estará a 0,398 UA, é dicir, a máis de 59 mil kilómetros. O 13 de outubro é a data sinalada, xa que acadará a mínima distancia co noso planeta.

Publicidade

Xa desde un foro de interesados pola astronomía (Astropolis) advirten que desde o mesmo 27 de setembro ao 2 de outubro de 2024 do ano que vén se poderá observar o cometa a simple vista pola mañá desde o hemisferio norte; desde o hemisferio sur comezará a aparecer no ceo pola mañá en setembro. A mediados de novembro, remataríase a visibilidade a simple vista e só podería observarse con binoculares e telescopios. En 2025 tocaría dicirlle adeus ao cometa.

O 27 de setembro de 2024 o cometa atoparase a 59 mil kilómetros do sol. Crédito: Catalina Sky Survey

O último que se puido ver foi o C/2022 E3, de cor verde brillante, que se achegou á Terra por primeira vez en 50.000 anos, é dicir, desde a épocas dos neardentais. Foi o 1 de febreiro deste ano cando puido observarse con claridade desde a Terra, con imaxes ata de Vila de Cruces.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade

Un estudo galego analiza o papel do clima na evolución de máis de 4.200 tipos de pequenos mamíferos

Os resultados amosan que un 39 % das especies son especialistas climáticas, polo que se restrinxen a unha área de condicións concretas

Que é o Virus do Nilo, a enfermidade que activa as alarmas en España e suma máis de 50 mortes en Italia

A maioría dos pacientes son asintomáticos, pero existe unha variante neuroinvasiva que inflama o cerebro e causa encefalite ou meninxite

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular