Así se viu o cometa verde dende Vila de Cruces

As redes sociais comezan a inundarse de imaxes do fenómeno astronómico da última decada

Comezan a compartirse fotografías do cometa verde en Galicia. Dende o Observatorio Astronómico de Vila de Cruces, o veciño José Ramón Moire realizou unha serie de capturas esta madrugada. Fotografou o cometa varias veces coa súa cámara apoiada nun trípode. Cunha velocidade de obturación alta puido capturar tamén un satélite. Na imaxe obsérvase perfectamente a cor verdosa do cometa e incluso poden apreciarse algunhas constelacións.

Fotografía realizada dende Vila de Cruces por un veciño.

Aproximadamente, o corpo celeste atópase a uns 42 millóns de distancia do planeta e os expertos descoñecen a onde viaxará despois de visitarnos. O consenso está en que non volveremos velo máis, xa que non orbita dentro do sistema solar e crese que regresará ás súas profundidades. A noite do 1 de febreiro será un dos mellores momentos para contemplalo pola súa proximidade coa Terra. Se non tes a oportunidade, podes ver unha retransmisión no Proxecto Telescopio Virtual (The Virtual Telescope Project). Lembra afastarse da contaminación lumínica e acostumar os teus ollos durante un tempo á escuridade.

Publicidade

Podes enviar as túas fotos do cometa a redaccion@gciencia.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns