Un proxecto galego estudará a eficacia de novas moléculas para o tratamento do pé diabético

Os chamados degradadores de proteínas poden favorecer a correcta cicatrización e o adecuado peche de feridas

Un novo proxecto de investigación desenvolverá novas moléculas chamadas degradadores de proteínas que aproveitan o mecanismo interno das células para eliminar ditas proteínas que, nalgunhas circunstancias, xeran enfermidades graves. Unha destas patoloxías é o pé diabético e no seu estudo participará o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) con outras entidades de Portugal, Bélxica e Reino Unido.

A iniciativa de investigación está liderada pola empresa biotecnolóxica galega Lincbiotech e estudará a eficacia destas novas moléculas para combater o pé diabético, que afecta ao 25% dos pacientes que sofren de diabetes e que nunha elevada porcentaxe deriva na hospitalización e na amputación das extremidades inferiores. Aproximadamente o 5% dos doentes que sofren pé diabético falece un ano despois dos primeiros síntomas da enfermidade e esta porcentaxe sobe ata o 42% aos cinco anos do inicio dos síntomas. Os degradadores de proteínas que propón Lincbiotech axudarán a controlar o exceso de inflamación que se produce nestes pacientes. Favorecerá, en consecuencia, a correcta cicatrización e o adecuado peche de feridas.

Publicidade

A investigación está financiada polo European Innovation Council para desenvolver moléculas que freen enfermidades graves. “A concesión por parte da Unión Europea deste proxecto nunha convocatoria tan competitiva supón non só un gran apoio á tecnoloxía que estamos a desenvolver en Lincbiotech, senón que tamén é unha confirmación de como é posible facer biotecnoloxía punteira en Galicia e competir, en igualdade de oportunidades, co resto do mundo”, destaca Juan Sebastián Ruiz-Constantino, director executivo da biotecnolóxica. 

Considera que “o ecosistema galego de biotecnoloxía madurou moito nos últimos anos grazas a centros de investigación como o IDIS” e a organizacións especializadas como Bioga. Ao seu xuízo, “sen o apoio de todas estas entidades non sería posible que proxectos deste calado prosperasen en Galicia”. 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto