Venres 26 Abril 2024

Os sete consellos para evitar a amputación nos casos de pé diabético

O Colexio de Podólogos de Galicia invita a revisar os pés a diario, hidratalos e facer revisións periódicas, entre outras recomendacións

A prevención é fundamental. Esa é a mensaxe que lanzan dende o Colexio de Podólogos de Galicia para conmemorar o Día Mundial da Diabetes, que se celebra o 14 de novembro. Dende o colectivo alertan de que se está a converter “nunha epidemia silenciosa”, cunha prevalencia que xa alcanza o 13% da poboación maior de 18 anos en España. Unha enfermidade crónica que pode derivar en diferentes tipos de complicacións, como é o caso do pé diabético. Trátase dunha doenza que provoca infección, ulceración ou destrución dos tecidos profundos do pé.

“A prevención podolóxica temperá é crucial. Entre un 40% e un 70% de todas as amputacións non traumáticas das extremidades inferiores están relacionadas coa diabetes“, indica o presidente do Colexio de Podólogos de Galicia, Juan Dios. Dende o colectivo explican que isto pode derivar nunha afectación do sistema nerviosa, causando formigo ou falta de sensibilidade. “Péredese a capacidade de sentir dano no pé e, por tanto, que poidamos reaccionar de maneira axeitada a este estímulo”, apuntan dende o Colexio. Como exemplo, unha persoa con pé diabético pode non detectar pedras no calzado que lle causen lesións ou úlceras. O presidente da entidade tamén sinala a dor aguda, a ausencia de reflexos ou a alteración da sudoración como síntomas do pé diabético.

Publicidade

Outras complicacións

Así mesmo, esta doenza pode afectar á circulación do sangue, polo que os tecidos non se recuperarán de maneira axeitada das feridas e das infeccións, ao recibir pouco osíxeno e nutrintes. Así é que nos casos de gangrena ou úlceras complicadas, é preciso recorrer á amputación do dedo do pé ou de parte da perna. Algún dos síntomas que revelan esta enfermidade son os pés moi fríos, a falta de pelo no dorso do pé ou a cianose.

Por iso o Colexio de Podólogos de Galicia insta á prevención. A poñerse en mans dos profesionais, capaces de coñecer máis de cerca o estado dos pacientes e aplicar o tratamento necesario. Por exemplo, o podólogo pode recomendar protectores a medida para os dedos, descargas temporais na zona afectada ou tratamentos farmacolóxicos e cirúrxicos de diferente tipo. Amais disto, hai unha serie de pautas que poden seguir os propios pacientes a modo de prevención.

Revisar os pés a diario

Aínda que non sentas dor. Iso permitirá que atopes calquera lesión antes de que se agrave. Por exempo, podes revisar os pés todas as noites antes de te descalzar. Presta atención a todo tipo de cortes, chagas, manchas vermellas, uñas encarnadas, callos ou zonas endurecidas polo roce ou verrugas nas plantas dos pés, entre outras.

Hidratar os pés

Debes facelo de maneira periódica e podes usar cremas hidratantes con urea para favorecer a circulación. Iso si, nunca debes aplicalalas entre os dedos. Tamén é fundamental manter a raia a humidade nos pés, secalos ben cando vaias saír da ducha. Iso favorecerá que non saian gretas nos dedos e impedirá a proliferación de fungos e bacterias.

Cortar as uñas

O mellor: facelo despois da ducha e cos pés secos, que serán cando máis blandas estean as uñas. Os cortes deben de ser en liña recta cun cortauñas ou unhas tixeiras de punta roma e sempre se debe deixar que sobresalga un milímetro. Non cortes as esquinas. Mellor é que as limes de maneira suave.

Usa sempre zapatos e calcetíns

Non camiñes descalzo ou só con calcetíns. E comproba, cando te vaias calzar, que non hai obxectos ou pedras no seu interior. Mellor que os calcetíns sexan de algodón para evitar chagas ou feridas. É mellor que non teñan ligas nin elásticos apretados para facilitar a circulación sanguínea. En canto ao calzado, próbao primeiro na casa. Escolle aquel que sexa transpirable, lixeiro, flexible. Evita as sandalias e os zapatos de plástico. “O calzado é o responsable do 20% de úlceras de pés diabéticos”, di Juan Dios.

Protexerse do calor e do frío

Na praia, usa zapatos e protector solar na parte superior dos pés para evitar queimaduras. No inverno, non debes utilizar botellas de auga quente nos pés se se ten frío para durmir, o mellor é utilizar calcetíns de la que non aperten.

Favorecer o fluxo sanguíneo nos pés

Pon os pés no alto, exercitando os dedos e músculos do pé en xeral, evitando o uso de calcetíns apertados e bandas elásticas, fai actividade física como camiñar, nadar ou practicar ioga, e non fumes nin bebas alcol baixo ningún concepto.

Facer un exame completo unha vez ao ano

Aínda que penses que non tes nada malo nos pés, é recomendable que te sometas como mínimo a un exame ao ano no podólogo. Por suposto, irás a que examinen os pés e ver se se aprecian cambios na forma do pé, pérdese sensibilidade ou se ten algunha dureza, callos ou feridas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade ordena a retirada dun coñecido fármaco para a diabetes

A AEMPS comunicou que os motivos se relacionan por un defecto de calidade que “non supón un risco vital para o paciente"

África González: "Estamos moi cerca da cura de doenzas autoinmunes"

Os científicos ven posibles as terapias que restauren a tolerancia inmune en enfermidades como diabetes ou lupus

É o alzhéimer un novo tipo de diabetes?

Trátase dunha hipótese aínda non confirmada, pero algúns sinais suxiren que podería existir un vínculo entre estas dúas enfermidades

O risco de cegueira en persoas diabéticas é 25 veces maior que no resto da poboación

A perda de visión severa é evitable en máis do 90 % dos casos se se aplica un diagnóstico e tratamento precoz