Publicidade

O risco de cegueira en persoas diabéticas é 25 veces maior que no resto da poboación

A perda de visión severa é evitable en máis do 90 % dos casos se se aplica un diagnóstico e tratamento precoz

O risco de cegueira en persoas diabéticas é 25 veces maior que no resto da poboación, unha cifra que se incrementa considerablemente en diabéticos de tipo 1. Esta perda de visión severa será evitable en máis do 90 % dos casos sempre que se aplique un diagnóstico e tratamento precoz da enfermidade. Sobre iso quere poñer o foco o Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla con motivo da conmemoración do Día Mundial da Diabetes, o vindeiro 14 de novembro.

A retinopatía diabética é a patoloxía ocular máis frecuente nos diabéticos, incrementándose a súa incidencia coa duración da enfermidade, de feito, aos 20 anos de evolución da diabetes, a totalidade de diabéticos tipo 1 e o 60 % de diabéticos tipo 2 presentarán algún grao de retinopatía.

Publicidade

“Atendendo a iso, os pacientes con diabetes tipo 1 deberán realizar a súa primeira revisión oftalmolóxica aos tres ou cinco anos anos despois do diagnóstico, cun seguimento anual, e os pacientes con diabetes tipo 2, no momento do diagnóstico cun seguimento tamén anual”, afirma o director médico do Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla, o profesor Francisco Gómez-Ulla.

Manifestacións oculares diabéticas

A pesar de que a retinopatía diabética é a causa máis frecuente de novos casos de cegueira entre adultos de 20 a 75 anos, existen outras manifestacións oftalmolóxicas da diabetes como son: o edema macular diabético, que é unha das complicacións máis graves asociadas á retinopatia diabética, podendo producirse en calquera dos estadíos desta enfermidade, e é a principal causa de cegueira en adultos menores de 50 anos; a catarata, que pode presentarse nas persoas diabéticas de forma máis frecuente e precoz que no resto da poboación, e o glaucoma, presentando un diabético o dobre de risco de padecelo, fronte a un adulto san. Tamén pode aparecer parálise dos músculos oculares.

Publicidade

O profesor Gómez-Ulla lembra que é importante que a poboación sexa consciente de que a diabetes conduce á cegueira, para concienciarse da necesidade de observar un bo control metabólico da diabetes e da importancia das revisións periódicas de visión, xa que o diagnóstico precoz será clave para previr a cegueira, sobre todo tendo en conta que menos dun 30 % de persoas con diabetes realiza exames regulares da súa retina.

Estas revisións son fundamentais xa que a diabetes afecta á saúde dos ollos cando a glicosa en sangue está demasiado alta. Se esta permanece elevada moito tempo pode danar os vasos sanguíneos ou mesmo se poden comezar a formar novos vasos máis débiles. Estes novos vasos poden sangrar na parte posterior do ollo, formar tecido cicatricial ou facer que a presión suba a un nivel perigoso na parte interna do ollo, podendo conducir á cegueira se non se tratan a tempo estas complicacións.

Unha revisión oftamolóxica en cada trimestre do embarazo

No caso das mulleres diabéticas que queiran ter fillos, desde o Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla lembran que deberán facer un exame completo de visión, con exploración de retina, antes e durante o embarazo para descartar a presenza de retinopatía diabética. Xa durante a xestación o seguimento oftalmolóxico deberá realizarse cada tres meses, pautado dentro do control médico integral ou axustado ao que lle recomende o seu oftalmólogo.

Tamén deberá terse presente que o risco de progresión da retinopatía mantense ao longo do ano que segue ao parto polo que deberá revisarse de forma próxima tamén a ese período.

1 comentario

  1. Revisión ocular diabético tipo II. La última, creo que hace un año, me sentí tratado por un médico “viejita” que no contestó a ninguna de mis preguntas ni me explicó nada. Me dijo que estaba todo bien. Supongo que no se atrevió a decir “para su edad”, como hicieron algunos. Y mi visión se está deteriorando.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que á a mosca da carballeira? Aliméntase de bágoas, pode causar cegueira e está en Galicia

Un equipo de Doñana estuda o insecto do xénero 'Phortica', capaz de transmitir un parasito que provoca doenzas oculares en animais e humanos

Se tes diabetes, tes máis probabilidades de infección por bacterias resistentes aos antibióticos

Un estudo en ratos demostra que un mal control da glicosa crea unha contorna favorable para a proliferación de microorganismos patóxenos

Identificado un mecanismo que podería reducir a calcificación vascular en diabéticos

O estudo do CiMUS abre a porta á prevención e tratamento doutras patoloxías como a enfermidade renal crónica

As claves de Cobenfy, o fármaco que emprega unha nova vía para tratar a esquizofrenia

Ao evitar o bloqueo da dopamina e centrarse noutro neurotransmisor, o tratamento elimina os efectos secundarios das terapias máis clásicas