Santiago acolle este xoves un obradoiro de investigación sobre paisaxes históricas

O grupo de investigación Histagra organiza un taller para poñer en común traxectorias, metodoloxías e oportunidades de acción participativa

Este xoves 2 de febreiro ás 11.00 horas celebrarase o obradoiro Investigación-acción participativa nas paisaxes históricas nas instalacións do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas (Cispac). O taller está organizado polo grupo de investigación Histagra da Universidade de Santiago (USC) no marco das actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza para 2023. Esta sesión de traballo pretende xuntar diferentes experiencias de investigación-acción participativa para poñer en común traxectorias, metodoloxías e oportunidades.

A primeira parte do obradoiro conformarana a presentación de tres proxectos. O primeiro relator será Pablo López Gómez, arqueólogo e intérprete do patrimonio do Centro D’Investigación y Ecomuséu La Ponte. Logo participará Jaime Izquierdo Vallina, actual comisionado para o Reto Demográfico do Goberno de Asturias, que presentará o proxecto do Sistema Agroecológico Local de Moal. En terceiro lugar falará Roque Sanfiz Arias, investigador predoutoral e membro do equipo de traballo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

Publicidade

A continuación, abrirase un tempo de debate moderado por David Fontán Bestilleiro, tamén investigador predoutoral e membro do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. A discusión xirará arredor de tres bloques temáticos. O primeiro deles abordará cales son as metodoloxías útiles para traballar en proxectos que conectan distintas disciplinas e ademais se constrúen sobre a investigación-acción participativa, integrando ás comunidades locais. O segundo centrarase nas problemáticas que se afrontan neste tipo de proxectos e como solventalas. Finalmente, haberá un bloque dedicado ás oportunidades para desenvolver este tipo de proxectos no contexto actual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos