Así podes ver dende Galicia o cometa que pasa cada 50.000 anos

O corpo celeste observarase a simple vista e, para iso, será preciso mirar cara ao noroeste xusto antes do amencer do 1 de febreiro

O cometa poderá verse xusto antes do amencer do 1 de febreiro.
O cometa poderá verse xusto antes do amencer do 1 de febreiro.

Anotade a data no calendario: o 1 de febreiro, un cometa de cor verde brillante achegarase á Terra por primeira vez en 50.000 anos. É dicir, os seus últimos observadores foron os Homo sapiens que aínda compartían o planeta cos neandertais. C/2022 E3 —tal e como se denomina o cometa— poderase observar a simple vista en Galicia e en todo o seu esplendor no primeiro de febreiro, preto da constelación Camelopardalis, próxima á Osa Maior. O mellor consello é mirar cara ao noroeste xusto antes do amencer. E aínda que poderá verse sen necesidade de empregar aparellos, o uso de prismáticos é aconsellable para observar o cometa con máis precisión.

A súa órbita afastouno do sistema solar durante aproximadamente 50.000 anos. Os astronómos aínda non están seguros a onde viaxará unha vez que deixe a Terra atrás, pero o maior consenso parece estar en que C/2022 E3 podería non volver aparecer. É dicir, é posible que os humanos nunca poidan velo de novo, o que converte esta oportunidade en algo único na vida e na historia. Ao parecer, o corpo celeste estase movendo nunha órbita parabólica, polo que non está vinculado ao noso sistema solar e é pouco probable que se poida volver achegarse a el, segundo explican dende o portal de noticias LiveScience. A gravidade dalgún obxecto descoñecido podería alterar lixeiramente a súa órbita, devolvéndoo ao sistema solar, pero é probable que pasen millóns de anos ata que iso volva suceder.

Os astronómos pensan que C/2022 E3 non volverá achegarse á Terra

Cando o comete pase preto da Terra o 1 de febreiro, será tan brillante como as estrelas máis tenues do ceo nocturno. Con todo, non se verán como unha estrela con puntas, senón como un borrón difuso e brillante que pode esparexer luz sobre unha área tan grande como a lúa chea. A gran dificultade para contemplalo será a contaminación lumínica das cidades, como apunta o experto Joe Rao. Por iso, aconsella que os potenciais observadores se dirixan ao lugar máis escuro posible, deixen que os seus ollos de adapten á escuridade durante 20 ou 30 minutos. Para aqueles que non poida desfrutar desta opción, o Proxecto Telescopio Virtual (The Virtual Telescope Proyect) ofrece unha retransmisión gratuíta.

Por que C/2022 E3 é verde?

O cometa en si non é verde, pero a súa cabeza parece brillar con esta cor a causa dunha reacción química. É probable que o brillo venña do carbono diatómico (C2), unha molécula simple formada por dous átomos de carbono unidos. Cando a luz ultravioleta do sol descompón esta molécula, emite un brillo verde que pode durar varios días, segundo un estudo publicado en 2021 na revista Proceedings of the Natural Academy of Sciences. Esta luz desaparece antes de chegar á cola do cometa, feita de gas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.