O investigador da UDC Marcos Ortega recibe o Premio Nacional de Informática e Saúde

Recoñecéronselle as súas investigacións no campo da intelixencia artificial en medicina aplicada ao procesado de imaxe e a detección precoz

O profesor da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC) Marcos Ortega Hortas recibiu onte en Madrid, o Premio Nacional de Informática y Salud da Sociedad Española de Informática de la Salud (SEIS), na sección de Esforzo institucional ou persoal de investigación ou innovación en proxectos para a utilización das TIC na saúde ou na internacionalización da actividade informática da saúde desenvolvida en España.

A SEIS recoñeceu con este premio a investigación de Ortega Hortas no campo da intelixencia artificial en medicina aplicado ao procesado de imaxe para o apoio ao diagnóstico, a detección temperá de enfermidades ou o estudo da evolución das mesmas en función do tratamento. O profesor Ortega recolleu o premio ex aequo coa Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios.

Publicidade

Marcos Ortega Hortas, doutor en Informática, é profesor titular na UDC, impartindo docencia maioritariamente na Facultade de Informática. Investigador adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), é membro tamén do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) co rango de Investigador Principal. Coordina o grupo de investigación de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns (VARPA). As súas investigacións céntranse na visión dinámica, procesado de imaxe médica e informática médica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Usar a IA sen entendela: que consecuencias ten para os estudantes?

Aínda que un 'chatbot' responda con confianza isto non garante a súa veracidade. Por Juan José Lorenzo Castiñeiras, Andrea Fernández-Sánchez e Isabel Fernández-Menor

Un proxecto da UDC propón un kit impreso en 3D para previr lesións asociadas ao uso do teclado e do rato

Doralys Torriente Aguilar deseñou unha solución ergonómica para exercitar e fortalecer as mans, os pulsos e os antebrazos mediante seis exercicios

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López

O avance do piñeiro ameaza a caramiña, unha das xoias naturais das dunas galegas

Unha investigación constata que os piñeirais reduciron un 61,5% o ecosistema da Praia de Trece dende 1956 e dificultan a supervivencia da especie