Alerta por detección de hepatite A en amorodos procedentes de Marrocos: cal é o seu alcance?

*Un artigo de

O 4 de marzo de 2024, o portal do Sistema de Alerta Rápida para Alimentos e Pensos —RASFF polas súas siglas en inglés— notificaba a “presenza de hepatite A en amorodos procedentes de Marrocos” nalgúns puntos de entrada deste produto en España. O aviso indica claramente que o nivel de decisión de risco é grave porque supera o “nivel máximo permitido”.

Publicidade

O sistema RASFF é unha rede clave para garantir o seguimento transfronteirizo de información e reaccionar con absoluta rapidez cando se detectan riscos para a saúde pública na cadea alimenticia. En España, a acción adecuada non debería saír dun só ministerio, senón probablemente teranse que coordinar tres deles: o de Agricultura, Pesca e Alimentación, o de Sanidade e o de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030. Estase traballando niso.

De momento, a Asociación Valenciana de Agricultores (AVA-ASAJA) esixiu a través do seu presidente, Cristóbal Aguado, “medidas máis contundentes para todos os produtos importados de Marrocos e unha fronteira máis activa que verifique a idoneidade dos produtos de terceiros países fóra da Unión Europea”.

Publicidade

A hepatite A e a súa repercusión sobre a saúde

O virus da hepatite A disemínase no fígado a través da vea porta, replícase e secrétase pola vía biliar, chega ao intestino delgado e é excretado nas feces. Este ciclo persiste ata que se desenvolve unha resposta inmunitaria con anticorpos. A transmisión do patóxeno prodúcese principalmente por vía fecal-oral, o que involucra o consumo de alimentos ou auga contaminados e o contacto persoa a persoa.

Os pacientes adoitan experimentar un período de incubación de 2 a 4 semanas, con febre, malestar, ictericia e outros síntomas como debilidade, náuseas, vómitos. A medida que pasa o tempo, entre o 10% e o 15% das persoas afectadas sofren síntomas xeralmente menos graves que na infección inicial. O espectro abarca desde casos asintomáticos ata insuficiencia hepática aguda, e a gravidade da doenza aumenta coa idade e enfermidades hepáticas previas.

Aínda que existe vacina, non hai ningún tratamento específico dispoñible contra a enfermidade unha vez que se produciu, só para aliviar os síntomas.

A nivel mundial e se temos en conta os datos revisados de 2019, a infección polo virus causou 159 millóns de casos, cun resultado de 39.000 mortes. Con todo, crese que esta cifra pode estar subestimada, o que converte á hepatite A en un problema de saúde pública mundial.

Outras deteccións do virus en alimentos

Aínda que pode parecer rechamante o caso que nos ocupa, non é algo novo para a Unión Europea. No últimos catro anos producíronse nove notificacións (incluíndo a desta semana) que alertaban da presenza do patóxeno da hepatite A noutros alimentos.

Así, en 2023 detectouse en mexillóns vivos procedentes de Italia e en arandos cultivados conxelados de Polonia. Desde 2020 ata 2022, outras notificacións viñeron de froita conxelada de Bélxica; de framboesas de Bulgaria e Polonia; de ameixas de Italia; de tomates secos de Turquía (en dous casos: un en agosto de 2020 e outro en xaneiro de 2021), e en mexillóns vivos de Italia.

Solucións preventivas

Hai que ter en conta que a manipulación de alimentos por persoas infectadas segue sendo un factor clave para a transmisión. En países de baixos ingresos, as condicións sanitarias precarias benefician a transmisión do virus, mentres que en lugares cunha situación máis favorable, a introdución do patóxeno desde países endémicos —facilitada pola globalización— tamén está a provocar gromos significativos.

Por tanto, a prevención debería de abarcar tres posibles enfoques: as prácticas de hixiene, a profilaxe mediante inmonuglobulinas e a vacinación.

O grupo de investigación da experta italiana Alessandra Fallucca revisou recentemente o uso da vacina contra a hepatite A nos manipuladores de alimentos. A súa conclusión é que unha estratexia preventiva eficaz contra este virus —complementaria á inmunización de grupos de alto risco— implica incentivar os empresarios da industria alimentaria para que vacinen aos individuos que buscan emprego ou xa traballan no sector, abarcando as fases de procesamento e distribución. Isto sería unha estratexia clave para reducir a transmisión do virus a través dos alimentos e garantir a seguridade alimentaria na súa totalidade.


*José Miguel Soriano del Castillo é catedrático de Nutrición e Bromatoloxía do Departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universitat de València.

Cláusula de divulgación: José Miguel Soriano del Castillo non recibe salario, nin exerce labores de consultoría, nin posúe accións, nin recibe financiamento de ningunha compañía ou organización que poida obter beneficio deste artigo, e declarou carecer de vínculos relevantes máis alá do cargo académico citado.

José Miguel Soriano del Castillo
José Miguel Soriano del Castillo
Catedrático de Nutrición e Bromatoloxía do Departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universitat de València.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O valor da amabilidade ou por que os lobos teñen problemas de extinción e os cans, non

A prosociabilidade evolutiva decisiva para cans e humanos. Por Jonathan Benito Sipos

Tres claves para coidar a microbiota… e durmir mellor

Reducir o estrés non só beneficia a nosa saúde mental, senón a nosa microbiota e a calidade do noso descanso. Por Sara Uceda Gutiérrez e Manuel Reiriz Rojas

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas

O océano está cheo de oíntes… e a maioría escoita mellor ca nós

O son viaxa aproximadamente 4,5 veces máis rápido en auga de mar que no aire. Por Antonio Figueras