O ovo, unha nova materia prima coa que crear bebidas e iogures saudables

Wovo é unha marca de Campomayor que non contén lactosa, glute, graxa, colesterol, hidratos de carbono nin azucres engadidos

Campomayor é unha empresa que naceu hai ontenta anos e que se adica á produción e comercialización de ovo. Nos últimos tempos a compañía está traballando nunha nova patente: o emprego do ovo como unha nova materia prima que permita desenvolver todo un rango de produtos. Ata este momento non era posible debido ás propias características do ovo e ás tecnoloxías existentes. A marca chámase ‘Wovo’, e Campomayor lanzou toda unha gama de produtos: a bebida, con calcio e vitamina D, e os Wovo cremosos, en versións orixinal e con froitas. Toda unha transformación que comezou en 1942 cando o avó da actual CEO, María Caridad, creou unha granxa avícola de arredor de 300 galiñas.

En 2018 Campoyor faise cunha patente do CSIC, e partindo desta base, desenvolveu a nova proposta comercializada a través da spin off de innovación da empresa, ‘Mundo Healthy’. A bebida Wovo está elaborada con clara, posúe un alto contido en proteínas de calidade e presenta os nove aminoácidos esenciais. Non contén lactosa, glute, graxa, colesterol, hidratos de carbono nin azucres engadidos. É apta para celíacos e intolerantes á lactosa, e pode ser unha alternativa aos lácteos e ás bebidas vexetais.

Publicidade

Segundo apuntan dende Campomayor, “entre as súas grandes vantaxes atópase o seu sabor neutro e a súa versatilidade, o que a fai unha boa alternativa para empregala no almorzo con café e cereais ou para cociñar, para elaborar crepes ou unha bechamel, por exemplo”. Por outra banda, os vasiños Wovo son postres fermentados de textura lixeira, sen graxa. Ofértanse en lotes de 135 gramos cada un, envasados en cartón e con selo PEFC. Hai tres variedades: orixinal, con amorodos e con froita da paixón. “Os Wovo cremosos son perfectos para almorzar con muesli ou con froita, facer un smoothie ou tomar entre horas en calquera momento do día”, apuntan.

Os iogures Wovo.

Ecosistema aberto

A innovación en Campomayor concíbese como un “eixe transversal vertebrador”, e dende a empresa defenden a creación dun ecosistema rico e aberto. Campomayor colabora activamente con universidades, startups e entidades vinculadas á innovación e á investigación. “Estamos a falar de que non só se investigue e innove no produto final que chega ao cliente, senón que tamén poidan ir un paso máis aló en todas as engrenaxes da cadea de produción e procesos de traballo do día a día”, indican.

Publicidade

En 2008 modificouse a normativa europea de benestar animal, que regula as condicións dos animais de posta en gaiolas. Neste senso, “Campomayor é unha das poucas empresas a nivel nacional en investir en novas instalacións adaptadas a todos os cambios propostos, o que lle confire unha gran vantaxe fronte aos seus competidores”. En 2011 comezou a actividade nestas novas instalacións, que son unhas das máis modernas de Europea. E xa en 2015, créase a primeira planta de pasteurización de ovo en Galicia.

No mesmo ano, Campomayor recibiu o selo de Galicia Calidade da Xunta. A certificación abrangue toda a gama de ovos campeiros, procedentes de galiñas criadas en liberdade. En 2017, a empresa lanza ao mercado o ovo cociñado a baixa temperatura para o canal HORECA. Un produto galardoado con prestixiosos recoñecementos como 5 Premios en Alimentaria (un fenómeno que era a primeira vez que ocorría na historia do evento) ou o premio ao mellor produto innovador do Salón de Gourmets. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras

As dietas pobres en cereais, verduras e sementes elevan o risco de infarto

A alimentación deficiente foi a responsable de catro millóns de mortes por cardiopatía isquémica en 2023

Quefir ou iogur? Estes son os beneficios para a nosa saúde intestinal

Ambos os produtos son máis fáciles de dixerir que o leite, xa que parte da lactosa se consome durante a fermentación

Ciencia e cooperación para unha alimentación sostible: os resultados de Net4Food

A rede de colaboración entre Galicia e Norte de Portugal continuará a través do Iberian Food Lab