Xardineiras, bicis e moitas plantas: a ferramenta de IA que visualiza o cambio das nosas rúas

Unha intelixencia artificial proposta polo goberno de Países Baixos permite visualizar as cidades galegas cun estilo “máis feliz e saudable"

Rúas humanizadas, con plantas de moitas cores e as bicicletas como protagonistas. O goberno dos Países Baixos ofrece unha ferramenta con intelixencia artificial que permite “reimaxinar” barrios galegos cun “toque neerlandés”. Empregando a base de datos de Google Streetview, a aplicación permite seleccionar calquera rúa de Galicia e xera catro variantes de como se vería ese lugar “máis feliz e saudable cun estilo de vida ciclista”, indican na páxina web.

A ferramenta, de uso gratuíto, ten algunhas limitacións. En primeiro lugar, non todas as imaxes de Google Streetview están actualizadas. Tal é así que se se buscan localizacións como a Praza Porta do Sol de Vigo, está aínda mantén as estradas para os vehículos, que pasaban xunto ao Sereo de Francisco Leiro. Por outra banda, a aplicación só permite dous “redeseños” de rúas por día e usuario. Todo isto débese a que “a intelixencia artificial é nova e aínda está aprendendo”, detallan dende a web.

Publicidade

Barrios galegos cun “toque neerlandés”

Probamos a visualizar como serían algúns barrios galegos con “toque neerlandés”, cunha opción por cada provincia: Travesía de Vigo (Pontevedra), Santa Teresa (A Coruña), Alcalde Anxo López (Lugo) e rúa Parque de San Lázaro (Ourense). Os resultados amosan unhas rúas moito máis humanizadas, con numerosas xardineiras cheas de flores de múltiples cores e algunhas bicicletas onde antes había vehículos. Podes realizar a comparativa do antes e despois movendo a barra no medio da imaxe.

Rúa Travesía de Vigo

Publicidade

Antes e despois da rúa Travesía de Vigo

Rúa Parque San Lázaro, Ourense

Antes e despois da rúa Parque de San Lázaro en Ourense

Rúa Santa Teresa, A Coruña

Antes e despois da rúa Santa Teresa na Coruña

Rúa Alcalde Anxo López, Lugo

Antes e despois da rúa Alcalde Anxo López, Lugo
Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

1 comentario

  1. Eu opino que a IA é espectacular, aínda que un pouco inquietante polo rápido que avanza e aprende mais que os humanos. Pero por outra banda, é de grande axuda para traballos, oficios e axuda moitísimo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla