A frase feita de que os cans parécense aos seus donos ten respaldo científico. Porque a xente ten preferencia por escoller cans con características físicas ou emocionais que semellantes ás súas. Ou porque os cadelos rematan por desenvolver certas similitudes cos seus donos ao compartir os mesmos hábitos de vida, como pode ser unha tendencia ao sobrepeso.
Así o cre Renata Roma, investigadora postdoutoral no Centro de Ciencias de Comportamento da Universidade de Sasktachewan (Canadá), que analizou as relacións entre humanos e cans para tratar de entender se a expresión popular tiña algún tipo de base. E os resultados son curiosos.
Ata 15 estudos empíricos investigaron as relacións entre parellas can-humano, tanto na apariencia como na personalidade. E chegaron á conclusión de que, por exemplo, as mulleres co pelo largo optan por cans que teñen as orellas grandes. E que as mulleres que levan o pelo curto prefiren as razas con orellas pequenas. Algo que acontece, fundamentalmente, cando se trata de escoller un can de raza.
Outro traballo apunta á relación entre o índice de masa corporal dos donos e o grao de sobrepeso dos seus casos. A razón parece estar nos hábitos de vida. A máis sedentarismo, máis probabilidade de ter uns kilos de máis.
Experimento
Os investigadores que analizaron estas similitudes atopáronse con que a maioría das enquisas eran respondidas polos propios donos de cans. Para esquivar este sesgo, decidiron levar a cabo un experimento. Colleron a un grupo de xente para ensinarlles unha serie de fotos de persoas e outra de cans. A fin do xogo era que emparellasen a donos cas súas mascotas.
Os resultados foron positivos. A maioría relacionaron de forma correcta ás parellas, o que levou aos investigadores a concluír que as semellanzas non só son unha percepción do propio dono. Para Renata Roma, a resposta a isto pode atoparse na historia evolutiva dos humanos.
Formar parte de grupos cohesionados e predicibles aumentou a cooperación e supervivencia, patróns que siguen influíndo nas nosas relacións. Por iso acabamos con xente ca que compartimos ideas, gustos ou hábitos. Algo que tamén acaba por levarse ao terreo das mascotas.
Unha cuestión que é máis común entre as persoas que viven con cans de raza. Adoitan buscar esas razas que mellor encaixan ca súa forma de ser. A aprendizaxe ou a observación tamén poden influír nesas personalidades semellantes, moldeadas polo tempo que comparten.













