Máximas de 38 graos en Leiro e mínimas de 27 en Vigo: a calor precede as treboadas en Galicia

As temperaturas comezarán a descender o martes conforme aumente a inestabilidade atmosférica e se sucedan as tormentas

Chegamos ao tramo máis alto. A montaña rusa térmica na que está Galicia nestes momentos acadou o seu punto álxido entre as 19:00 e as 20:00 horas do luns, cunha tarde de moito calor polo sol e a chegada de aire quente, segundo Meteogalicia. Así, varios puntos da comunidade acadaron valores elevados, con 38,2 graos en Leiro, 37,5 en Ourense, e por riba dos 36 no Porriño e en Salceda de Caselas.

En puntos do litoral sur, como en Pontevedra, os termómetros marcaron os 34 graos. Tamén cifras próximas en Marín, Sanxenxo, Vigo e A Lanzada con valores entre os 32 e os 34. No norte, as temperaturas foron máis moderadas, Ferrol mantívose con 25,4 graos, A Coruña con 23,4 e Foz con 18,3. Iso si, sol sen choivas na meirande parte da comunidade, segundo a institución meteorolóxica.

Publicidade

As tardes de calor precederon as noites de bochorno. En Vigo o termómetro chegou os 27 graos ás 2:10 horas da madrugada. Noutros puntos, como en Carnota ou en Oita, tamén se superaron os 25 graos. En xeral, unha noite tropical cun calor que aínda se mantén este martes, onde os valores matinais estiveron por riba dos 25 graos en Fornelos de Montes e nas Neves desde as 9:20 horas. Xa cara ao mediodía, os termómetros superaban os 30 graos en Ribas de Sil, en Rubiá e en Ourense.

Inestabilidade e treboadas

O tempo cambiará durante este martes, sendo pouco a pouco máis inestable, segundo os modelos. As nubes de evolución darán paso ás treboadas, con choivas localmente fortes, durante a tarde. Pola noite aínda serán máis activas en gran parte da comunidade. Especialmente no Miño e no litoral de Pontevedra, no oeste e no suroeste da Coruña. Nestes puntos, Meteogalicia activou unha alerta que estará activa entre as 21:00 horas e as 6:00 horas. Tamén haberá refachos fortes na zona do sur-suroeste e tamén soprará o vento con forza na metade norte da comunidade.

Publicidade

Iso si, as máximas descenderán no sur, especialmente nas áreas do Miño en Pontevedra, no sur de Ourense e en gran parte das Rías Baixas. Por outra banda, ascenderán moderadamente no norte, e con especial intensidade no nordeste de Lugo, segundo os modelos meteorolóxicos. Ademais, mantéñense as alertas por calor na zona do Miño de Ourense, con máximas que poden chegar aos 36 graos na capital de provincia e superar os 30 en Lugo, Pontevedra e Santiago. As mínimas serán algo máis moderadas, baixando dos 20 graos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro