A intrusión de po sahariano empeorará a calidade do aire en Galicia nos próximos tres días

As xornadas de calor intenso e a chegada de treboadas tamén virá cunha acumulación de partículas que pode provocar problemas de saúde

MeteoGalicia advirte da entrada de po en suspensión en toda Galicia. Tras os días de calor intenso e coa chegada das treboadas, a comunidade tamén terá unha peor calidade do aire. Unha masa de aire africano traerá partículas PM10 e PM2.5, que poden provocar problemas para a saúde. Por iso, desde a institución piden precaución durante os seguintes días. Segundo o modelo SKIRON tamén se podería producir un depósito seco de po sobre a superficie da península durante este martes. Esta situación afectará primeiro ao leste de Galicia, aínda que acabará afectando a todo o territorio.

A orixe destas partículas está nos solos areosos do Sáhara. Certos fenómenos meteorolóxicos, como anticiclóns e borrascas, favorecen que grandes cantidades de po percorran longas distancias pola atmosfera ata chegar a Galicia. Esa é a previsión actual e tamén foi o caso do episodio de calixe que se viviu no 2022 e que deixou numerosas incidencias. Este tipo de partículas poden provocar complicacións na saúde, especialmente para aquelas persoas con problemas respiratorios como asma. Estas deben evitar estar en espazos exteriores, aínda que en caso de ter que facelo, pode axudar o uso de máscaras.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua