Por que hai máis cans e menos bebés?

A ausencia de vínculos estables con outras persoas e o apoio emocional das mascotas explican por que cada vez máis xente convive con animais

En moitos países a cantidade de cans supera o número de nenos. A profesora Enikő Kubinyi, directora do departamento de Etoloxía da Universidade Eötvös Loránd (Hungría), investiga os factores que poden provocar esta suposta inclinación das persoas por ter un can antes que un fillo.

O vínculo emocional cos cans cada vez é máis estreito internacionalmente. Moitas persoas defenden que estes animais de compañía están ao mesmo nivel que o resto dos membros da familia, e mesmo que os seus lazos son superiores aos que establecen con outras persoas.

Publicidade

Kubinyi sinala o seguinte: “As familias con fillos teñen máis probabilidades de ter cans, e algunhas parellas ven á súa mascota como un ‘fillo de práctica’, un paso preparatorio cara á formación dunha familia. As mulleres tamén tenden a atopar os homes con cans máis atractivos, o que podería aumentar as posibilidades da paternidade”.

É dicir, ter un can non substitúe a crianza, senón que a complementa e mesmo pode aumentar as taxas de natalidade. “O número de nenos non está a diminuír porque o número de cans aumente, pero ambas as realidades teñen unha tendencia común: a transformación das redes sociais”, argumenta a profesora.

Publicidade

Os cans illan ou conectan?

Os cans poden suplir a ausencia de vínculos estables grazas ao apoio emocional que proporcionan, o que fai que sexan considerados membros da familia. Neste sentido Enikő sostén: “Necesitamos fortalecer os sistemas de apoio social baseados na familia e reducir o illamento social. Ter un can é algo marabilloso cando conecta as persoas en lugar de illalas”.

Estes animais poden facilitar as interaccións humanas actuando como un ‘pegamento social’. O feito de camiñar co can aumenta as oportunidades de relacionarse con outras persoas e que se cren novos vínculos. Así pois, establécense novas redes sociais entre os donos.

A limitación deste fenómeno é o comportamento do can xa que, se é complicado por agresividade ou ladridos excesivos, o dono non pode establecer ditos lazos.

Refuxio emocional nos cans

As relacións humanas danadas ou ausentes e o apoio emocional que ofrecen os cans dirixiron a necesidade humana do coidado cara a estes animais. Kubinyi defende esta premisa: “O cambio no papel á hora de ter cans suxire que as persoas nas sociedades occidentais experimentan unha notable falta de coidado e apoio social, e tratan de compensar isto, polo menos en parte, con cans e probablemente tamén gatos”, defende a profesora.

“Por exemplo, case o 90% dos adultos húngaros non pasan nin unha hora á semana coidando a nenos pequenos, a pesar de que os humanos evolucionaron para participar no que se coñece como crianza cooperativa. Nas sociedades modernas, estas redes de apoio desmoronáronse”, apunta.

“Por iso moitas persoas senten que carecen de apoio para criar os fillos ou que non teñen a ninguén a quen coidar. Outros experimentaron dor emocional nas relacións humanas, e os cans proporciónanlles consolo e amor incondicional. Os donos refírense cada vez máis a si mesmos como ‘mamá’ ou ‘papá’ do seu can”, conclúe Enikő.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O valor da amabilidade ou por que os lobos teñen problemas de extinción e os cans, non

A prosociabilidade evolutiva decisiva para cans e humanos. Por Jonathan Benito Sipos

O alzhéimer canino existe: a galega que analiza cerebros de cans para anticipar o diagnóstico

A investigadora Belén Larrán estuda unha doenza que causa desorientación e ansiedade, e afecta máis da metade dos individuos maiores de 15 anos

Poderán os cans falar algún día? A investigadora galega que busca a resposta

Dende o equipo BARKS da Universidade Eötvös Loránd de Hungría, Paula Pérez analiza as habilidades sociais e vocais que aproximan as nosas mascotas á linguaxe humana

Como sobreviven os cans á calor extrema do verán?

Un experto explica como os cans e os seus donos poden evitar golpes de calor estivais e protexer o seu benestar