Como será o clima do teu concello dentro de 60 anos? Descúbreo neste mapa

Unha aplicación da Universidade de Maryland prognostica que dentro de medio século Ourense terá as mesmas condicións climáticas que ten agora Estremadura

O cambio climático non é unha posibilidade do futuro, senón unha realidade do presente que está a transformar o noso planeta. Matt Fitzpatrick, investigador da Universidade de Maryland (EEUU), leva anos estudando como esta situación está a afectar a nosa forma de vida, e grazas ao emprego masivo de datos e os seus respectivos modelos matemáticos, cada vez máis complexos e completos, é capaz de facernos viaxar ao clima do futuro cun obxectivo claro de xerar unha conciencia colectiva: 

É posible que vostede xa experimentara cambios no lugar onde vive e se pregunte: Como será o clima do futuro onde vivo? Fará moita calor no verán? Seguirá nevando no inverno? E, tal vez: Como podería mudar o rumbo das cousas se actuamos para reducir as nosas emisións [de efecto invernadoiro]? 

Publicidade

Para dar resposta a todas estas preguntas, Fitzpatrick creou a aplicación What will climate feel like in 60 years?, un mapa interactivo que permite ao usuario consultar cal podería ser o clima da súa rexión dentro de medio século amosando, a modo de situación parella, as condicións doutra zona do mundo na actualidade.

Os resultados sorprenden, e moito: en 60 anos a poboación de Ourense experimentará un incremento das temperaturas de máis de cinco graos de media. O día a día do futuro no sur de Galicia será como vivir na actual Estremadura. O análogo de Cangas do Morrazo é Calabria, ao sur de Italia. Segundo a aplicación, a meirande parte da provincia de Pontevedra terá un clima similar á zona de Aveiro, no centro de Portugal. Como é lóxico, estas previsións non son exactas ao 100 %, senón que se basean en distintos modelos preditivos atendendo ás tendencias actuais. 

Publicidade

Climas inéditos no mapa

Unha conclusión interesante, segundo o seu autor, é que ningunha cidade ten un clima futuro idéntico ao actual: “De feito, debido á magnitude do cambio climático previsto, para moitas cidades a “mellor” coincidencia non é do todo similar. Isto significa que moitas cidades poderían experimentan no futuro un clima distinto ao actual na Terra”, conclúe. 


Podes comprobar como será o clima do futuro nas distintas zonas de Galicia na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla