Podcast | As claves do éxito do CiQUS, un centro de excelencia científica

O director científico, José Luis Mascareñas, e a directora adxunta, Dolores Pérez, analizan os trece anos de percorrido da institución

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago (USC) iniciou a súa andaina en 2011. Máis dunha década despois da súa creación xa é un recoñecido centro de excelencia científica dentro e fóra de Galicia. De feito, recentemente renovou a súa acreditación como centro de investigación e obtivo, unha vez máis, a puntuación máis alta.

“A clave está sempre en facer ciencia do máximo nivel na fronteira do coñecemento”, di director científico do CiQUS, José Luis Mascareñas, no novo episodio de O podcast de GCiencia en colaboración co centro compostelán. Neste capítulo, no que tamén está a directora adxunta do CiQUS, Dolores Pérez, desvelamos os segredos do seu éxito e cales son os futuros pasos deste centro de excelencia a prestixio científico.

Publicidade


Escoita O podcast de GCiencia en todas as nosas plataformas de poscast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser

Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

Das augas residuais ao combustible do futuro: así produce hidróxeno verde o novo sistema do CiQUS

O equipo de María Giménez-López emprega a urea como materia prima para impulsar unha nova estratexia máis sostible e eficiente

O CiQUS, na elite da ciencia co selo María de Maeztu: “É un recoñecemento ao traballo dos últimos anos”

O investimento previsto para o centro da USC impulsará a captación de talento, a creación de novas infraestruturas e liñas de investigación