Descubertas novas pinturas prehistóricas en Carballeda de Valdeorras

O conxunto está formado por tres formas de soles e unha posible silueta humana e podería estar datado na Idade do Bronce

Un equipo de Sputnik Labrego e do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC acaban de descubrir unha nova estación de pinturas pehistóricas rupestres na parroquia de Casaio, no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras. Os arqueólogos estaban a realizar traballos na zona cando un veciño lles contou que podía haber pinturas no lugar de Colobredos. Despois da comprobación experta e de confirmar a veracidade do achado, o equipo contactou coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para dar conta do descubrimento.

“Esta nova estación de pinturas prehistóricas é un importante achado por moitas razóns. A primeira é que pensabamos que todas as pinturas se concentraban nun só punto, o de Pala de Cabras. Agora sabemos que non é así e que ten que haber máis aínda por descubrir”, apunta o director do proxecto, Carlos Tejerizo. O novo conxunto de pinturas está composto por, ao menos, tres formas de soles e unha posible silueta humana. “Estes motivos engaden moita información ao xa coñecido anteriormente na Pala de Cabras, xa que non tiñamos atopado formas humanas, moi comúns nas estacións de pintura rupestre deste período”, continúa.

Publicidade

Pala de Cabras

“A tipoloxía dos soles, moi distintos aos de Pala de Cabras, poderían indicar unha cronoloxía distinta, quizais da Idade do Bronce”, apunta. Aproveitando a presenza do equipo do Incipit, dirixido por Lucía Pereira Pardo, experta en documentación e análise de patrimonio, faranse os primeiros estudos destas novas pinturas prehistóricas para comprobar a súa composición química e poder comparalas coas coñecidas en Pala de Cabras.

Este descubrimento abre novas perspectivas sobre o patrimonio prehistórico de Galicia, complementando a información sobre a arte rupestre e a súa difusión durante a prehistoria. “Agora toca seguir traballando e, para iso, precisamos de apoios e financiamento. Pensamos que este é un patrimonio único que temos o deber de protexer”, remata Tejerizo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

Dous proxectos galegos captan cinco millóns de Europa para investigar en IA e en arqueoloxía na Antártida

A USC e o INCIPIT-CSIC lideran iniciativas seleccionadas entre as máis competitivas do Consello Europeo de Investigación