Cantos topónimos coñeces na túa parroquia? Compróbao neste xogo de ‘Galicia Nomeada’

A aplicación busca dar visibilidade ao patrimonio inmaterial a través dunha dinámica que deixa adiviñar ata 20 nomes no seu modo máis completo

O paraíso da toponimia: pola riqueza, pola abundancia, pola variedade”: así definiu un lingüista alemán do século XX a Galicia. Joseph Maria Piel pasou media vida adicado ao estudo do que se coñece como o arte de nomear. E boa parte da súa carreira fíxoa aquí. A Real Academia Galega (RAG) non coñece nada igual: se a extensión de Galicia representan menos dun 10% do total de España, cando falamos de nomes a cousa cambia: máis dun terzo dos topónimos rexistrados no Estado Español pertencen ao noso territorio: cóntanse ata 478.000, e os que faltarán.

Agora, froito do proxecto colaborativo e de ciencia cidadá Galicia Nomeada impulsado pola Xunta, a RAG enfróntase a un novo reto: atopar, polo menos, dous millóns de microtopónimos. Mentras tanto, os cidadáns galegos podemos gozar deste incrible patrimonio inmaterial grazas a un novo xogo de Galicia Nomeada, o cal nos permite saber cantos topónimos coñecemos na nosa parroquia e no noso concello.

Publicidade

Que non se esquezan

Recuperar a toponimia galega é loitar contra o reloxo: nalgún caso, temos a sorte de atopar este patrimonio nalgunha publicación ou obra antiga. Porén, na meirande parte das ocasións, a quen temos que acudir é aos nosos anciáns, a maior fonte de sabedoría e tradicións que se poida atopar. Cando eles se vaian, como recuperar aquilo que non chegamos a coñecer?

Aquí todo ten nome: dende as rochas do mar ata as casas, esquinas, costas, rúas estreitas… as fontes, as árbores que levan aí toda a vida. Absolutamente todo. Esta variabilidade na nosa toponimia reflíctese perfectamente na nova aplicación de Galicia Nomeada.

Publicidade

O xogo ten dúas modalidades: unha aleatoria e outra máis dirixida, onde podes escoller concello, parroquia e nivel de dificultade. Unha vez seleccionas o modo, comeza a conta atrás.

Fase inicial do xogo, en modo fácil. Parroquia de Lieiro, Cervo.

3 minutos e 10 topónimos por cada parroquia

Contas con tres minutos para adiviñar ata 10 topónimos na túa parroquia no modo fácil do xogo. Se escolles un nivel intermedio, o número ascende a 15: no modo difícil, terás que identificar ata 20 topónimos por cada parroquia.

Ao lado esquerdo da pantalla irán aparecendo os nomes e, debaixo, os acertos e os erros. Se non coñeces algún, sempre podes saltar esa pregunta. No xogo atoparás todo tipo de topónimos, dende lugares moi concretos, como unha casa coñecida do pobo, ata zonas máis amplas, como unha Atalaia ou unha zona boscosa. O obxectivo da aplicación e que identifiques o lugar do que se está a falar e premes na localización dentro do mapa.

Modo intermedio do xogo, no concello de Allariz.

Unha vez rematas a partida, podes xogar múltiples veces e aparecerán novos topónimos, tantos como haxa rexistrados no proxecto de Galicia Nomeada para a túa zona. O xogo tamén invita a compartir os teus resultados a través das redes sociais, coa finalidade de que cada vez máis xente coñeza a aplicación.

https://twitter.com/ChousaAlcandra/status/1832403870343164089

Valorar o noso

Con esta nova aplicación, Galicia Nomeada procura pechar un círculo xeracional: os avós falan, os fillos rexistran o topónimo na plataforma cidadá do proxecto e, os netos, aprenden grazas ao xogo ao máis puro estilo século XXI: a través de internet. Un intento de frear ese reloxo que non para, que segue a mover as agullas marcándonos o pouco tempo que nos queda e o moito que temos que aprender.

E ti, cantos topónimos coñeces na túa parroquia? Compróbao na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño