Canta poboación haberá no teu concello en 2025? Compróbao neste mapa

A aplicación web 'Population around a point' permite coñecer o número de habitantes que terán nun ano as localizacións a nivel mundial

A cidade de Vigo contará cunha poboación estimada de 274.717 habitantes no ano 2025, nunha ratio de cinco quilómetros. Mentres, a cidade de Lugo e os seus arredores terán 61.611 cidadáns. Estes son os datos que achega a aplicación web creada por un usuario do Reino Unido baixo o nome Population around a point (“Poboación arredor dun punto”). A través dela, pódese descubrir cantos habitantes haberá nos lugares seleccionados (e da ratio de distancia elixido) o ano que vén.

Os datos empregados proceden do Global Human Settlement Layer. Con todo, o creador advirte de que esta versión da información é pouco precisa en áreas pequenas, especialmente onde se produciron cambios rápidos da poboación. Para complementar o número de habitantes, tamén se achegan datos de paradas de autobús, tranvía e tren ou metro procedentes de Open Street Map, obtidos a principios do 2023. A súa falta de actualización produce erros, faltando moitas paradas de transporte, especialmente fóra de Europa.

Publicidade

O acceso á poboación pode establecerse a través dunha ratio de distancia de tres a 50 quilómetros. O máximo establécese, precisamente, en 50 quilómetros, pois volveríase lento por enriba desa cifra; e o mínimo en 3 quilómetros porque, do contrario, é probable que a poboación dalgúns centros urbanos sexa moi errónea. Todo o código da web pertence á Licencia Creative Commons, o que significa que pode ser empregado para calqueira fin, como establece este usuario ao final da páxina.

A poboación de Galicia

No mapa interactivo facilitado a través da aplicación, pódese comprobar os cambios na poboación de Galicia para o 2025. A cidade da Coruña (nunha ratio de 5 quilómetros), con aproximadamente 500 paradas de bus e dúas estacións de tren, poderá ter 272.192 habitantes nunha ratio de 5 quilómetros. Mentres, en Santiago de Compostela, con 305 autobuses e unha estacións de tren, estímase unha presenza de 74.231 habitantes. En Ourense cidade, a poboación establécese arredor de 109.653, con 71 paradas de autobús e unha de tren.

Publicidade

Tamén poden analizarse a poboación de concellos máis pequenos, pero as cifras engloban unha distancia maior. No caso da Estrada (Pontevedra), terá 6.745 habitantes no ano 2025, recollendo unha ratio de 3 quilómetros. Mentres, na análise do concello de Baiona (Pontevedra) para a menor ratio posible contaría tamén cunha parte do concello de Nigrán, a causa do seu pequeno tamaño. O resultado sería de 14.418 posibles habitantes desta zona costeira para o 2025.


Podes acceder á aplicación Population around a point nesta ligazón.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla