A televisión pode facernos tolear. Porque o éxito da serie de HBO sobre o desastre nuclear de Chernóbil está a disparar o turismo nesta zona de Ucrania , en busca do mellor ‘selfi’ e demoito morbo.
Tras o colapso de Chernóbil en 1986, o peor accidente nuclear do mundo, as autoridades acordoaron as áreas máis contaminadas da súa contorna. Esa terra restrinxida, coñecida como a Zona de Exclusión de Chernóbil , esténdese actualmente ao longo de 2.589 quilómetros cadrados. É ilegal vivir alí (aínda que algunhas familias desafiaron a lei para regresar), e están prohibidas as visitas de menores de 18 anos.
Interior do panel de control da sala.
Durante décadas, os turistas que se achegaron á zona só puideron observar os patios escolares abandonados , os parques de atraccións e os edificios afastados da planta nuclear. Porque esas áreas xa non se consideran perigosas. Pero o infame Reactor 4 , onde aconteceu a explosión, permaneceu pechado para todos excepto para investigadores, traballadores de limpeza e algúns xornalistas, ata o de agora.
As compañías de turismo de Chernóbil anunciaron á CNN que Ucraína agora permitirá aos turistas visitar a sala de control do reactor, onde se tomaron decisións que finalmente contribuíron ao desastre. Nesa sala, crese que o enxeñeiro xefe adxunto de Chernóbil deu instrucións aos operadores para que continuasen unha proba de seguridade a pesar dunha caída significativa na potencia que fixo perigoso seguir traballando.
Publicidade
Así está hoxe a sala de control do reactor 4 de Chernóbil.
Hoxe, os niveis de radiación da sala poderían ser 40.000 veces máis altos do normal, segundo informou a axencia de noticias alemá Ruptly . Por tanto, para garantir a seguridade dos visitantes, calquera persoa que ingrese á sala de mandos deberá poñerse un traxe especial con casco, máscara e botas de protección. Tamén serán avaliados dúas veces por radiación despois do seu percorrido, que só durará cinco minutos para limitar a exposición.
Ucraína está a impulsar a reputación de Chernóbil como atracción turística. A sala de control destacou na serie de HBO “Chernobyl”, que gañou 10 premios Emmy. Disparouse a demanda de circuítos e arredor de 85.000 visitantes foron á zona de exclusión este ano. As excursións dun día xeralmente custan uns cen euros por persoa.
Aspecto da noria de Pripiat, cada a central de Chernóbil.
En xullo, Ucraína declarou a Chernobyl ‘atracción turística oficial’, un decreto destinado a regular o turismo na zona. Antes diso, o turismo non estaba autorizado oficialmente na área, polo que, segundo os informes, algúns visitantes saíronse coa súa subornando a funcionarios de seguridade e retirando ilegalmente obxectos da zona . O goberno ucraíno tamén planea investir en novas vías e puntos de control para desenvolver a experiencia do visitante en Chernobyl.
“Debemos darlle unha nova vida a este territorio de Ucraína”, dixo o presidente de Ucraína, Volodymyr Zelensky , cando asinou o decreto en xullo. “Ata o de agora, Chernobyl era unha parte negativa da marca de Ucraína. É hora de cambiala”, dixo este actor reconvertido en primer ministro tras das últimas eleccións.