Ucraína

Atopados os vestixios máis antigos da presenza humana en Europa nunha zona de Ucraína

As ferramentas paleolíticas achadas no xacemento de Korolevo quedaron enterradas hai 1,42 millóns de anos

“Hai un risco elevado dun gran ciberataque ruso a nivel mundial”

Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia, analiza as posibilidades dunha guerra cibernética no conflito de Ucraína

Que sabemos dos cortes de enerxía das centrais nucleares en Ucraína?

As forzas rusas ocuparon as infraestruturas de Chernóbil e Zaporiyia, aínda que, de momento, os expertos aseguran que non hai unha ameaza inmediata

Rusia incumpre piares básicos de seguridade nuclear en Ucraína

O Organismo Internacional de Enerxía Atómica asegura que o persoal debe traballar sen presións e con sistemas de comunicación fiables, pero non se está a cumprir

Kíiv e non Kiev: a Academia fixa os nomes oficiais para Ucraína

O Seminario de Onomástica vén de aprobar as adaptacións de varios topónimos ucraínos á lingua galega, entre eles, a capital do país, Lviv e Khárkiv

Científicos e divulgadores rusos firman unha carta en repulsa á invasión de Ucraína

'Fagamos ciencia, non a guerra!’, reclama o manifesto antibélico, impulsado por Mikhail Gelfand e con centos de firmas de respaldo

Planean abrir aos turistas a sala de control de Chernóbil

O goberno de Ucraína regula o turismo á central do maior accidente nuclear da historia e as visitas poderán chegar ata a sala de control do reactor 4

O xornalismo drone crea un modelo 3D interactivo do destruído aeroporto de Donetsk

Membros da Sociedade Profesional de Xornalismo Drone crearon un proxecto internacional baseado nunha maqueta tridimensional do destruído aeroporto internacional da cidade de Donetsk, en Ucraína....