Xoves 28 Marzo 2024

Científicos e divulgadores rusos firman unha carta en repulsa á invasión de Ucraína

'Fagamos ciencia, non a guerra!’, reclama o manifesto antibélico, impulsado por Mikhail Gelfand e con centos de firmas de respaldo

Mikhail Gelfand, especialista en bioinformática do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía Skolkovo, ubicado preto de Moscú (Rusia), tomou este xoves a determinación de escribir unha carta aberta ante o ataque bélico do seu país a Ucraína. O texto pode lerse no portal TrV-Nauka, unha web de noticias científicas independente que el axuda a editar.

Segundo informa a revista Science, o científico cancelou a súa conferencia habitual sobre xenómica comparativa para falar co seu alumnado a través de Zoom da situación. Após disto, algúns estudantes acudiron ás manifestacións en protesta. Mentres, Gelfand subía á web unha carta contra a guerra con Ucraína que califica como “un paso cara ningunha parte“. Ao texto xa se adheriron centros de científicos, moitos deles pertencentes á Academia de Ciencias de Rusia, así como xornalistas científicos rusos.

Publicidade

“Nós, científicos e xornalistas científicos rusos, declaramos unha enérxica protesta contra as hostilidades lanzadas polas forzas armadas do noso país no territorio de Ucraína. Este paso fatal provoca enormes perdas humanas e socava os fundamentos do sistema estabelecido de seguridade internacional. A responsabilidade de desencadear unha nova guerra en Europa recae enteiramente en Rusia”, advirte a carta.

Dificultades polo bloqueo

Nunha entrevista concedida a Science, o bioinformático indica que coa carta pretende tres cousas: “En primeiro lugar, demostrar que a comunidade científica rusa non é o mesmo que os dirixentes rusos. Segundo, manifestar aos nosos colegas ucraínos a nosa oposición ao que fai o noso goberno e que facemos o que podemos para detelo. E terceiro, expoñer o mesmo á comunidade internacional coa esperanza de que calquera acción para castigar a Rusia sexa ponderada de tal maneira que non se castigue á mesma xente que se opón ao que se está facendo”.

Neste sentido, o científico manifesta os seus medos a que o bloqueo ao seu país supoña aínda máis dificultades para o seu traballo e o dos seus compañeiros. “É difícil mercar equipos. Coñezo compañeiros que non puideron conseguir máquinas de secuenciación porque se consideran de dobre uso, para fins pacíficos e militares. Os meus compañeiros de facultade que son biólogos experimentais van estar tremendamente afectados. Tamén me preocupan as decisións sobre visados. As accións que se dirixen a individuos ou proxectos individuais deben considerarse caso por caso”, enfatiza.

Pola súa parte, a comunidade científica internacional tamén reaccionou ante esta situación. Un exemplo son as sociedades de matemáticas do Reino Unido, Canadá, Francia, Polonia e Estados Unidos, que xa anunciaron que non participarán no Congreso Internacional de Matemáticos, que está previsto que se celebre en San Petersburgo en xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os vestixios máis antigos da presenza humana en Europa nunha zona de Ucraína

As ferramentas paleolíticas achadas no xacemento de Korolevo quedaron enterradas hai 1,42 millóns de anos

Os científicos somos un pouco detectives: o caso dos envelenamentos por arsénico en Arizona

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O arsénico podería ser considerado o rei dos...

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

‘Estrelas galegas da Ciencia’, o libro que percorre os grandes avances científicos en Galicia

Un proxecto de Observer achega a nenos e adultos a historia da ciencia en Galicia e a de persoeiros relevantes entre os séculos XVII e XX