Xoves 18 Abril 2024

The Waylanders: recta final para facer realidade o videoxogo da Galicia mítica

Mouras, celtas, homes e mulleres licántropas, os míticos fomorianos irlandeses vanse unir no videoxogo The Waylanders, un ambicioso proxecto da produtora galega Gato Salvaje, no que traballan preto de 40 persoas desde A Coruña. Esta semana, a iniciativa afronta a súa recta final de financiamento na plataforma Kickstarter. Queren chegar aos 150.000 dólares necesarios para facer realidade o xogo que, se todo sae ben, verá a luz a finais de 2020. O prazo remata o venres ás 23.30 horas, e están xa preto dos 140.000.

Sen saír ao mercado, e aínda que haxa que esperar un ano e medio para gozar del, The Waylanders está xerando grandes expectactivas no mundo dos videoxogos. No mes de agosto, a revista PC Gamer, unha das referencias internacionais do sector, dedicoulle unha ampla reportaxe na que conversaba con Fernando Prieto, director executivo de Gato Salvaje, e con Mike Ladlaw, antigo director creativo do recoñecido videoxogo Dragon Age, e que se incorporou ao equipo como asesor para The Waylanders.

Publicidade

A historia de The Waylanders

The Waylanders é un videoxogo de rol (RPG nas súas siglas en inglés) que recrea os escenarios e personaxes dos mitos celtas, tanto en Galicia como en Irlanda, a partir do Lebor Gabála Érenn. Está ambientado en dúas épocas, a celta e a medieval, e inclúe tamén escenarios galegos, como a catedral de Santiago, a mítica Brigantia, a Fervenza do Ézaro, Fisterra, a Illa de Ons ou as Médulas.


Desde o punto de vista técnico, a proposta de Gato Salvaje innova tamén con diversos modos de xogo, formacións de combate e perspectivas de cámara. Ademais, estará dispoñible en galego, ademais de en castelán, inglés e alemán. De acadar o obxectivo marcado, tamén sairá ao mercado en francés.

Aparecerán como escenarios a catedral de Santiago, Brigantia, a fervenza do Ézaro, Fisterra ou Ons

A través de Kickstarter, as persoas que financien o lanzamento de The Waylanders poderán acceder a diversos tipos de recompensas, segundo a cantidade que acheguen. Van desde o videoxogo dispoñible para a súa descarga dixital (no caso de ingresar 30 dólares) ata unha curiosa recompensa especial para quen achegue 10.000 dólares: o patrocinador poderá gozar dunha “experiencia The Waylanders”, que inclúe unha viaxe á Coruña, con dous días de estadía nunha recreación dun castro e visitas guiadas aos lugares que aparecen no xogo. A experiencia completarase cunha degustación de comida e bebida galega, unha armadura exclusiva, un epitafio personalizado e ata un torque feito de ouro.

Podes apoiar o lanzamento de The Waylanders na web de Kickstarter, nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña