Lugo tenta recuperar a variedade de uva tinta castañal

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC colabora coas adegas Señorío de Rubiós e Viñas de Terras do Pazo, así como coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, integrada na Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), nun proxecto de innovación orientado a mitigar ou, cando menos, reducir a incidencia da enfermidade de oídio na variedade de uva Tinta Castañal, a fin de favorecer así a recuperación dos viñedos desta variedade.

O proxecto de innovación ‘Manexo sostible da variedade Tinta Castañal: Estratexias de manexo fronte ai oídio’, que conta cun orzamento de máis de 99.000 euros, e está financiado nun 75% con fondos Feader, busca resolver a actual problemática que depara a incidencia do oídio na variedade de uva Tinta Castañal. Os danos provocados pola enfermidade provocada por un fungo homónimo, tradúcense en serias perdas produtivas e cualitativas, o que limita o potencial enolóxico desta variedade de uva, ao tempo que tamén afecta a estabilidade da súa explotación a medio e longo prazo.

Publicidade

Tinta castañal caracterizada polo CSIC.
Tinta castañal caracterizada polo CSIC.

As medidas novas ou innovadoras que, entre outros, pretenden desenvolver no marco deste proxecto os investigadores da EPS de Enxeñaría do campus de Lugo Javier J. Cancela e Xesús Pablo González, dos grupos de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) e Algoritmos e modulacións xeoespaciais (Aemegeo), apuntan cara a implantación dun manexo sustentable en produción orgánica, fronte ás prácticas da xestión convencional deste tipo de viñedos. Con este cambio, os investigadores buscan a mellor estratexia de produción cara o futuro, tendo en conta o aumento de valor engadido da produción en orgánico e en ecolóxico.

O prazo de desenvolvemento do proxecto ‘Manexo sostible da variedade Tinta Castañal: Estratexias de manexo fronte ai oídio’ remata en outubro de 2020. Esta actuación, liderada pola adega Señorío de Rubiós, e que tamén conta co apoio e con financiamento da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama), constitúe unha das primeiras actuacións promovidas polo grupo operativo creado de xeito específico para defender a pervivencia da uva Tinta Castañal en Galicia, unha variedade minoritaria da comarca do Baixo Miño en perigo de desaparición.

Publicidade

Castañal non aparece entre na lista de variedades comerciais en Galicia

A uva Tinta Castañal é unha variedade tradicional da comarca do Baixo Miño. Trátase dunha variedade minoritaria (existen poucas cepas plantadas) que sofre o perigo de chegar á extinción.  Esta variedade non aparece na lista de variedades comerciais e portainxertos de vide. Daquela, tampouco está amparada dentro de ningunha das D.O. galegas, dado que para que poida recollerse dentro dunha denominación de orixe é necesario que apareza inscrita como definitiva, na lista antes mencionada.

O proxecto de innovación que vén de poñerse en marcha hai uns meses a prol da recuperación desta variedade de uva ofrece a posibilidade de realizar a caracterización e analizar o rendemento agronómico e o comportamento en condicións de campo desta variedade minoritaria. De feito, o principal cometido dos investigadores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC no campus de Lugo implicados nesta liña de actuación pasa por analizar o rendemento e a calidade de Vitis Vinifera cv Castañal baixo un sistema de produción sustentable.

Proceder á caracterización cualitativa dos compostos e aromáticos en condicións de campo, e a preparación de viño monovarietal para a súa venda como produto singular de alto valor engadido, derivado das particularidades/escaseza/potencial da variedade, constitúen futuros retos dos promotores e autores desta liña de investigación orientada á recuperación e posta en valor da variedade de uva Tinta Castañal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día