Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

A metade de Galicia enfréntase a un episodio de calor extrema. Segundo MeteoGalicia, as altas presións situadas ao norte da península ibérica atraerán unha masa de aire moi cálida procedente do norte de África que estará sobre a comunidade ata o mércores. Unha situación que, combinada co ceo despexado e as horas de luz solar, fará que as temperaturas alcancen valores moi elevados, sobre todo durante o martes 23 de xuño. Serán 117 os concellos afectados pola alerta vermella lanzada pola Xunta de Galicia, coa maioría situados entre A Coruña (37 concellos) e Lugo (49).

Para algúns dos concellos, espérase que a alerta dure ata cinco días, a pesar de que a intensidade pode cambiar ao longo do período: Cariño, Cedeira, Ferrol, Ortigueira, Alfoz, Barreiros, Mondoñedo, O Valadouro, Carballeda de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras serán os afectados. Con todo, en Pontevedra só cinco localizacións están baixo aviso vermello: A Lama, Agolada, Covelo, Lalín e Rodeiro.

Publicidade

No caso do deporte, a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, determinou a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior nas zonas afectadas pola alerta vermella entre as 12:00 a 20:00 horas.

Concellos afectados por provincia

A Coruña: A Capela, Abegondo, Aranga, Ares, Arzúa, As Pontes, As Somozas, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Cabanas, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coirós, Fene, Ferrol, Frades, Melide, Mesía, Moeche, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Ortigueira, Oza-Cesuras, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Santiso, Sobrado, Toques, Valdoviño, Vilasantar.

Publicidade

Lugo: A Pontenova, Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Barreiros, Begonte, Bóveda, Castro de Rei, Cervantes, Cospeito, Folgoso do Courel, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Incio, O Páramo, O Valadouro, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Taboada, Trabada, Triacastela, Vilalba, Viveiro, Xermade.

Pontevedra: A Lama, Agolada, Covelo, Lalín, Rodeiro.

Ourense: A Peroxa, A Rúa, Arnoia, Avión, Baltar, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Cenlle, Cortegada, Laza, Leiro, Melón, O Barco de Valdeorras, Oímbra, Petín, Punxín, Ribadavia, Verín, Vilamartín de Valdeorras, Vilariña de Conso, Xunqueira de Espadañedo.


Podes consultar os avisos de MeteoGalicia na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona