Máis de 2.000 estudantes visitan a Feira de innovación USC-Abanca

Rapaces e rapazas de institutos de toda Galicia comezaron a achegarse na mañá deste martes á Cidade da Cultura para participar na I Feira de Innovación USC-ABANCA. Organizada pola USC, nela móstrase todo o potencial formativo, investigador e de transferencia de coñecemento da Universidade á vez que inclúe o III Campus ABANCA de fomento do talento e o emprendemento.

A inauguración correu a cargo do director xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; do presidente de Afundación e director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e do reitor Antonio López, para quen “o gran reto que temos por diante é a innovación. A renovación do coñecemento é actualmente vertixinosa; non basta xeralo, hai que saber transferilo”. “ Aquí, na Feira, ides atopar investigación, innovación e formación en bata branca e sen bata branca; dende as ciencias experimentais ata as humanidades”, díxolle aos asistentes.

Publicidade

Miles de visitantes

Na Feira participarán máis de 2.000 estudantes, que terán a oportunidade de asistir a exhibicións das máis innovadoras tecnoloxías, presentación de spin-offs e patentes xurdidas na Universidade compostelá, obradoiros de emprendemento, charlas e conferencias, entre outras moitas actividades.

Publicidade

Conectarase tamén a través de internet con egresados e egresadas da USC en empresas e institucións como a Xunta de Galicia, o CERN, a Real Academia Galega ou a Academia Española.

Nun espazo de 500 metros cadrados a Feira contempla durante dúas xornadas actividades  interactivas desenvolvidas por persoal investigador de centros da USC como demostracións de impresión 3D, robots e software de modelado de moléculas. Conectarase tamén a través de internet con egresados e egresadas da USC en empresas e institucións como a Xunta de Galicia, o CERN, a Real Academia Galega ou a Academia Española.

Na Feira están ademais presentes diversos servizos, como a Oficina de Información Universitaria, que resolverá todas as dubidas acerca do ingreso na Universidade nos seus 50 graos, 10 dobres graos, 67 mestrados oficiais e máis de 100 cursos propios nos dous Campus (Santiago e Lugo). Dáse conta tamén da actividade investigadora da USC, con 300 grupos de investigación nas cinco grandes áreas, tres agrupacións estratéxicas, 11 institutos, tres centros singulares e 1 María de Maeztu.

O Servizo de Publicacións da USC, a editorial máis antiga de Galicia, ou Unitenda, con interesantes descontos, son outros espazos que se poden atopar na feira.

Conferencias 

Ao longo da Feira desenvólvese o ciclo de conferencias divulgativas ‘Amosar e transferir o coñecemento’, que inaugurou o catedrático Ángel Carracedo cun relatorio sobre o ADN e a xenética forense que ateigou de público o auditorio.

Por esa sala pasaron e pasarán tamén os docentes e investigadores da USC Jorge Mira, María Cadaval, Francisco Dubert, Paz García, Sebastián Villasante, José Alonso, Marilar Aleixandre, Santiago Galdo e Ramón Díaz  , con temáticas que van dende os fusos horarios aos fármacos e drons, pasando polos océanos, a investigación xurídica ou as linguas en contacto.

Charla de Ángel Carracedo. Foto: Santi Alvite / USC.
Charla de Ángel Carracedo. Foto: Santi Alvite / USC.

Haberá tamén unha mesa de debate titulada ‘Impulsando a I+Nutrición’, promovida co apoio de Carrefour, que contará con representantes de empresas como Feiraco, Frinsa ou Aceites Abril.

Campus ABANCA

A Feira inclúe ademais a III edición do Campus ABANCA, cun programa de obradoiros, relatorios con especialistas de máximo nivel e a presentación dos proxectos finalistas do concurso dirixido a estudantes cunha idea ou proxecto de negocio baseado nas profesións do futuro: emprendedor, fundador de startup, ecommerce, profesional do marketing,community manager, deportista de elite, músico profesional ou actividades relacionadas coa música e as artes, coa innovación social e a sustentabilidade, a investigación e a industria 4.0.

A I Feira de Innovación USC-ABANCA conta ademais coa colaboración da Xunta de Galicia, a Cidade da Cultura, Carrefour, Coca-Cola e Biscuits Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais