Xoves 25 Abril 2024

A Feira de Innovación USC-Abanca amosa o talento de vangarda que xera Galicia

A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con Abanca, achegará os días 27 e 28 de novembro a toda a cidadanía a súa oferta formativa, investigadora e de transferencia de coñecemento na primeira edición dunha feira na que ademais dará conta da súa aposta decidida por difundir a cultura emprendedora entre o estudantado universitario. A asistencia á I Feira de Innovación USC-Abanca é gratuíta ata completar o aforo, previa inscrición tanto para o propio salón como para as actividades puntuais a través da páxina web.

Os pormenores da Feira e do III Campus ABANCA, que forma parte do programa do evento, explicáronos este mércores en rolda de prensa o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; o presidente de Afundación e director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA, Miguel Angel Escotet, e o vicerreitor de Planificación Estratéxica, Gumersindo Feijoo.

Publicidade

Máis de 1.200 estudantes de Bacharelato poderán ver de preto as tecnoloxías máis innovadoras que naceron ao abeiro da USC

Nas dúas xornadas do evento, que xa ten pechado o aforo dalgunha actividade e ao que están confirmados preto de 1.200 estudantes de bacharelato de toda Galicia, poderase asistir a exhibicións das máis innovadoras tecnoloxías (impresión 3D, drons, robots, lentes 3D…), presentación de spin-offs e patentes xurdidas na Universidade compostelá, obradoiros de emprendemento, charlas e conferencias, entre outras moitas actividades.

Conferencias divulgativas

Ao longo da Feira desenvolverase o ciclo de conferencias divulgativas ‘Amosar e transferir o coñecemento’, no que participarán os docentes e investigadores da USC Ángel Carracedo, Jorge Mira, María Cadaval, Francisco Dubert, Paz García, Sebastián Villasante, José Alonso, Marilar Aleixandre, Santiago Galdo e Ramón Díaz. As temáticas a tratar nestes relatorios van dende a xenética ou os fusos horarios aos fármacos e drons, pasando polos océanos, a investigación xurídica ou as linguas en contacto.

Haberá tamén unha mesa de debate titulada ‘Impulsando a I+Nutrición’, promovida co apoio de Carrefour, que contará con representantes de empresas como Feiraco, Frinsa ou Aceites Abril.

Campus Abanca

A Feira inclúe ademais a III edición do Campus Abanca, cun programa de obradoiros, relatorios con especialistas de máximo nivel e a presentación dos proxectos finalistas do concurso dirixido a estudantes cunha idea ou proxecto de negocio baseado nas profesións do futuro ou actividades relacionadas coa música e as artes, coa innovación social e a sustentabilidade, a investigación e a industria 4.0.

Para o día 27 está previsto o Campus LAB, con catro obradoiros dirixidos aos creadores das 20 mellores ideas seleccionadas e dos que sairán os 3 finalistas que o día seguinte presentarán no Campus Battle os seus proxectos a quen asista ao congreso Campus Abanca.

A I Feira de Innovación USC-Abanca conta ademais coa colaboración da Xunta de Galicia, a Cidade da Cultura, Carrefour, Coca-Cola e Biscuits Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións