O tiburón do Aquarium da Coruña ataca e devora un pargo

Unha monitora do Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses recolleu o pasado sábado unha impactante escena depredadora nun dos tanques do acuario. Gastón, o tiburón touro (Carcharias taurus) que vive na auga que se pode ver desde a sala Nautilus, capturou e devorou un exemplar de pargo (Pargus pargus) de nove quilos de peso.

Segundo explican desde a entidade, “os peixes e demais animais que viven nos tanques do Aquarium Finisterrae son alimentados con regularidade, pero isto non evita o instinto depredador dalgunhas especies”.

Publicidade

Gastón chegou ao Aquarium en febreiro de 2006, procedente do acuario de Brest, na Bretaña francesa. Medía entón case 3 metros e pesaba máis de 120 quilos. Tras pasar un tempo illado para a súa adaptación, trasladouse ao tanque da sala Nautilus, onde vive desde entón rodeado de centos de exemplares de moitas outras especies.

O tiburón Gastón

Aínda que provén da Bretaña, Gastón é sudafricano. Naceu en 1996 fronte a Cidade do Cabo, na confluencia entre os océanos Atlántico e Índico. Aos tres anos foi capturado e trasladado a Oceanópolis, onde viviu con outros exemplares da mesma especie. Co tempo, esta convivencia volveuse moi tensa e Gastón tivo que ser enviado a augas máis tranquilas, ao Aquarium de Finisterrae.

Publicidade

O tiburón Gastón.
O tiburón Gastón.

Os tiburóns touro son depredadores que se alimentan de peixes, cefalópodos e crustáceos. As femias paren as súas crías cando xa están formadas mentres que os pequenos tiburóns ás veces devoran aos seus propios irmáns cando aínda están no ventre materno.

Esta especie é a única que sae a superficie a tomar o aire, gardándoo no estómago para manter a súa flotabilidade e non afundirse ata o fondo.

O público pode ver como os monitores e técnicos do Aquarium dan de comer a Gastón e os demais peixes do tanque da sala Nautilus todos os luns, mércores e venres ás 11.30 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España