A maioría dos usuarios decláranse satisfeitos co uso da sede electrónica da Xunta

As xestións dixitais dos galegos coa Xunta xa superan ás presenciais

Un 66 por cento dos usuarios da sede electrónica están satisfeitos co funcionamento

Os galegos cada vez están máis acostumados a facer as súas xestións coa administración autonómica a través das diversas alternativas on line que se lles ofrecen: sede electrónica, oficinas virtuais ou rexistro electrónico. Entre xaneiro e xuño de 2019 a plataforma de interoperabilidade da Xunta evitou a presentación de case cinco millóns de documentos ou certificados. Amtega elaborou e puxo en marcha o Plan de Goberno e Administración Dixital 2020 que está a ofrecer bos resultados.

A pesares de que podería parecer que a implantación da administración dixital ía contar con moitos atrancos, as enquisas realizadas pola Administración galega reflicten que un 66 por cento dos usuarios da sede electrónica da Xunta consideran “bo” ou “moi bo” o funcionamento do sistema. Nos seis primeiros meses deste ano máis do 50 por cento das xestións realizadas ante a Administración autonómica foron online.

A sede electrónica — que foi reformada hai un ano para mellorar a súa usabilidade e accesibilidade– concentra a maior porcentaxe de xestións online que realizan os galegos, seguida das oficinas virtuais e o rexistro electrónico. A mellora máis reclamada polos usuarios é o autocompletado de campos para evitar duplicar datos nas distintas fases do procedemento. A continuación se sitúan a inclusión de novos procedementos, a implantación dun asistente virtual e a posibilidade de permitir comentarios nas solicitudes.

O Plan de Goberno e Administración Dixital de Galicia 2020 estableceu un sistema de indicadores para avaliar o uso e implantación dos diferentes servizos dixitais, tanto no que se refire á información de uso por parte de cidadáns e empresas coma a nivel interno. Neste sentido, pode sinalarse que as notificacións electrónicas que o usuario recibe no móbil en lugar de en papel incrementáronse máis de un 41 por cento entre xuño de 2018 e o mesmo mes de 2019, acadando as 233.800 nesa data.

 O uso da firma dixital continúa a estenderse tanto no funcionamento interno da Administración coma na relación con outras administración e entidades. No primeiro semestre deste ano se rexistraron máis de 1,8 millóns de documentos asinados electrónicamente, fronte a algo máis dun millón rexistrado no mesmo período de 2018.

Entre os retos cara o futuro, trátase de que a Administración teña unha visión máis integral do cidadán e que este se sitúe no centro de todo o proceso. Deste xeito se poderá contar cunha administración máis transparente, reactiva e con máis e mellores servizos. Non se reclamarán aos cidadáns datos que xa obran en poder da Administración, se poderán prestar servizos personalizados aos e adiantarse ás necesidades dos usuarios e, ademais, haberá procesos automatizados para conseguir unha xestión máis eficiente.

Un dos obxectivos prioritarios de Amtega e evitar que as xestións online supoñan algún tipo de barreira para os cidadáns na súa relación coa Xunta. Por iso, a recentemente aprobada Lei de Administración Dixital de Galicia establece a transformación das actuais oficinas de Rexistro nunha Rede de Oficinas de Atención á Cidadanía, nas que se prestará asistencia aos cidadáns nas xestións online coa Administración.

O avance no proceso de dixitalización permitirá contar cunha administración máis transparente e con máis e mellores servizos

Ademais, a normativa define por primeira vez a creación dun marco galego de competencias dixitais, tomando como referencia o marco común da Comisión Europea nesta materia para que os cidadáns podan acreditar os seus coñecementos dixitais e mellorar as súas competencias profesionais.

A lei tamén contempla a definición dun Plan de Capacitación Dixital do empregado público, dirixido a todas as persoas que traballan nas administracións públicas galegas e que permitirá conseguir o certificado galego de competencias dixitais. Está previsto que o marco de competencias dixitais quede regulado no 2020.

A nova lei tamén senta as bases para a creación do posto de traballo dixital do empregado público, coa dotación de medios para a realización da súa labor neste novo contexto. Nesa liña se apostará polo uso de escritorios e aplicacións corporativas en calquera dispositivo, polo emprego de terminais e dispositivos adaptados aos perfís dos empregados públicos e por posibilitar entornos de traballo colaborativos e redes de usuarios con actividades comúns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.