investigación

O sistema inmune en conxunto restrinxe a evolución dos virus

Un equipo do CSIC e da Universitat de València desvela que non son as defensas específicas as encargadas de limitar a virulencia dos patóxenos

Mascareñas: “Precisamos que a industria galega contrate máis científicos”

O director do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) fai balance dos 10 anos de traxectoria do organismo

Un dispositivo da UVigo predicirá crises epilépticas con minutos de antelación

O grupo CIMA traballa nun proxecto baseado na intelixencia artificial que busca mellorar a calidade de vida das persoas que sofren a enfermidade

Non hai unha relación clara entre o grupo sanguíneo e a covid

O investigador Guillermo López advirte que un recente estudo publicado en Plos Genetics non fai unha asociación directa entre os dous factores

“Os matemáticos están demandados e ben pagados, non damos cuberto as ofertas”

Rosa Crujeiras, directora do CITMAga, fíxase como obxectivo converter en referente o novo consorcio, no que participan as tres universidades galegas

A auga doce matou o berberecho: como medir os efectos da salinidade nas rías

Científicas da USC desenvolven un modelo que avalía a caída de sales minerais pola apertura de encoros ou o cambio climático

Un fármaco frea a metástase de cancro de mama en ratos

Investigadores do Instituto de Oncoloxía do Hospital Vall d'Hebron constataron a eficacia de Omomyc, que só se probara en tumores primarios

A covid incrementa o risco de padecer trastornos mentais ata un ano despois da infección

Un estudo realizado en veteranos estadounidenses revela unha probabilidade un 60% maior de trastornos

Marisol Soengas, premiada pola Asociación Europea para a Investigación en Cancro

A investigadora galega recibe o galardón Pezcoller-Marina Larcher Fogazzaro, que pon en valor o seu liderado como muller e científica

Un test de saliva podería revolucionar o diagnóstico da endometriose

O estudo levado a cabo por Ziwig, unha empresa francesa, sobre 200 mulleres revela unha sensibilidade do 96,7% e unha especificidade do 100%

Descuberta a galaxia máis grande xamais detectada

Alcyoneus é unha radiogalaxia situada a 3.000 millóns de anos luz de distancia e mide 16,3 millóns de anos luz de largo

Un enzima do champiñón é eficaz para combater a hepatite C

Investigadores españois descobren a acción antiviral do cogomelo, que podería contribuír ao desenvolvemento de novas terapias

“Se investigásemos o cancro tanto como a covid só un ano, dariamos un paso de xigante”

O investigador José Tubío, Premio Nacional de Investigación en Cáncer, analiza o impacto da pandemia e reclama máis financiamento no día mundial da doenza

Descobren como funciona a primeira liña de defensa contra o cancro de pel

A proteína CSDE1 coordina unha complexa serie de mecanismos moleculares que impulsan a senescencia das células e suprimen a formación de tumores

Un equipo de científicos recrea a voz dunha momia 3.000 anos despois da súa morte

Os científicos imprimiron en 3D o tracto vocal para poder escoitar o son

Así se ve a estimulación xenital no cerebro das mulleres

Unha investigación afonda na representación neural dos xenitais femininos e podería servir para desenvolver estratexias de promoción da saúde sexual