Un fármaco frea a metástase de cancro de mama en ratos

Investigadores do Instituto de Oncoloxía do Hospital Vall d'Hebron constataron a eficacia de Omomyc, que só se probara en tumores primarios

Investigadores do Instituto de Oncoloxía do Hospital Vall d’Hebron (VHIO) veñen de demostrar que a Omomyc, unha proteína terapéutica que funciona para atacar tumores primarios, é tamén eficaz para a metástase en cancro de mama. Os resultados do estudo foron publicados en Cancer Research Communications, unha revista da Asociación Americana de Investigación do Cancro (AACR).

Dende hai tempo sábese que a familia de xenes MYC xoga un papel importante no desenvolvemento de moitos tipos de tumores. Non obstante, hai certa controversia sobre como pode afectar ao desenvolvemento da metástase, existindo incluso algúns estudos que suxiren que a inhibición de MYC podería potenciala.

Publicidade

Omomyc é unha proteína que funciona para atacar tumores primarios

Este novo traballo achega, por primeira vez, luz sobre a cuestión. En concreto, os investigadores analizaron a eficacia de Omomyc, que inhibe a MYC, para controlar a progresión do cancro de mama metastásico. O estudo realizouse en diferentes experimentos, tanto in vitro como in vivo en modelos de ratos, para coñecer en profundidade o impacto da proteína. Para o equipo, a resposta foi moi positiva, comprobando en todos os casos a actividade antimetastásica de Omomyc, en contra do que se pensaba.

Os experimentos levados a cabo permitiron ver aos investigadores que, en ratos modificados xeneticamente, Omomyc era capaz de facer que o tumor primario medrara menos, pero que tamén impactaba na evolución das metástases, facéndoas desaparecer nalgúns casos. Ao administrar a proteína por vía intravenosa, os resultados tamén foron positivos, constatando unha diminución do crecemento do tumor e prolongando singificativamente a supervivencia dos animais.

Publicidade

As chaves da proteína

A investigación oncolóxica xa manifestou a importancia do xene MYC no desenvolvemento de practicamente todos os tumores sólidos. Desta forma, Laura Soucek, xefa do Grupo de Modelización de Terapias Antitumorais e investigadora deste estudo, desenvolveu Omomyc, unha miniproteína capaz de inhibir o xene.

En maio do ano pasado iniciouse un ensaio clínico en pacientes baseado nesta proteína, tras a constatación da súa potente actividade antitumoral en múltiples liñas de células e modelos de cancro en rato, independentemente do seu tecido de orixe e as súas mutacións. Non obstante, ata o de agora, todos os traballos de investigación realizados con este fámarco se centraran en tumores primarios, non na enfermidade metastásica.

Os experimentos leváronse a cabo en ratos modificados xeneticamente

As metástases son xeneticamente inestables, o que significa que a información do tumor primario dun paciente pode non reflictir con precisión as metástases, que ademais poden varias dunhas a outras. Isto supón unha importante barreira para as terapias dirixidas.

Tratamento en pacientes

Esta nova investigación aínda non se levou a cabo en pacientes, pero aínda así o grupo de investigación quixo analizar a posible repercusión da aplicación de Omomyc. Para isto, analizáronse bases de datos de doentes, nas que se puido comprobar que aquelas con cancro de mama que presentaban sobreexpresión dos xenes que bloquea a proteína tiñan unha supervivencia máis baixa.

Por este motivo, os investigadores se mostran optimistas e pensan que poderían mellorar a taxa se estas pacientes puidesen tratase co seu fármaco.


Referencia: MYC inhibition halts metastatic breast cancer progression by blocking growth, invasion and seeding (Publicado en Cancer Res Commun)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes