PODCAST | Entrevista con Roberto Barcala e Felipe Fernández

Primeiro capítulo do podcast Ciencia de Ida e Volta. Con motivo do Día Mundial da Saúde, que se celebra este 7 de marzo, charlamos cos investigadores do grupo REMOSS Roberto Barcala e Felipe Fernández, que nos falan dunha liña de investigación vinculada á reanimación cardiopulmonar, con varias teses publicadas ao respecto que ofrecen unha visión diferente ás doutros grupos de investigación.

Ciencia de Ida e Volta é un podcast en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da UVigo (UCC+I) que conta co apoio da da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Publicidade

Laura Veiga
Laura Veiga
Xornalista pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en cultura científica pola Universidade de Oviedo e sexóloga pola Universidade Camilo José Cela. Combina a comunicación e a divulgación en medios como GCiencia e Nós Diario coa educación sexual e menstrual, que desenvolve a través do seu proxecto Pingando en redes sociais e en obradoiros para centros educativos e asociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía