GCiencia e a Universidade de Vigo estrean o podcast ‘Ciencia de ida e volta’

O programa estréase este xoves con motivo do Día Mundial da Saúde e constará de nove episodios

GCiencia e a Universidade de Vigo estrean este xoves o podcast Ciencia de Ida e Volta, un programa diario de nove episodios que estarán dedicados aos días mundiais da Saúde e dos Océanos. Os contidos ofreceranse en distintas plataformas de podcast e nas webs de GCiencia e da UVigo.

O primeiras catro entregas —os días 7, 8, 9 e 10 de abril— dedicaranse ao Día Mundial da Saúde, que se celebra este mesmo xoves. Trátase dunha serie de entrevistas dirixidas pola xornalista Laura Veiga, de GCiencia, con distintos investigadores da Universidade de Vigo, para que expliquen o seu traballo vinculado ao ámbito das enfermidades cardiovasculares, que supoñen na actualidade a principal causa de morte no noso país.

Publicidade

Os invitados ao podcast serán Ramón Hermida, que forma parte do Laboratorio de Bioenxeñaría e Cronobioloxía de atlanTTic; a catedrática do grupo de Xenómica e Biomedicina do Cinbio, Diana Valverde; o investigador do Laboratorio de Informática Aplicada Víctor Mondelo, e os investigadores do grupo REMOSS Roberto Barcala e Felipe Fernández.

Unidade de Cultura Científica

A Unidade de Cultura Científica da UVigo (UCC+I) e GCiencia únense así para abordar o Día Mundial da Saúde e as enfermidades cardiovasculares dende múltiples perspectivas, tanto desde a área de informática, como a bioloxía, a bioenxeñaría e o salvamento. E fano dunha forma dinámica e amena, para que a sociedade poida coñecer a achega do persoal investigador da Universidade de Vigo de cara a mermar esta lacra.

Publicidade

A primeira desas entrevistas terá como invitados a Barcala e Fernández, cunha liña de investigación vinculada á reanimación cardiopulmonar con varias teses publicadas ao respecto, que ofrecen unha visión diferente ás doutros grupos de investigación. O venres tócalle o turno a Diana Valverde, que realiza diferentes estudos sobre a hipertensión arterial pulmonar, unha enfermidade que xera engrosamento do ventrículo e, a posteriori, isto podería derivar nunha parada cardíaca.

Control da presión arterial

O podcast terá o seu seguinte capítulo o sábado cunha entrevista con Ramón Hermida, quen traballa no desenvolvemento de diversas liñas de investigación xunto co seu equipo do Laboratorio de Bioenxeñaría e Cronobioloxía. Entre elas está o estudo Thadeus (Tratamento de Hipertensión Arterial Durante o Sono), que ten como obxectivo valorar prospectivamente o efecto sobre o risco de eventos cardiovasculares, metabólicos e renais fatais e non fatais do control da presión arterial durante o sono. O domingo pechará a primeira parte da serie Víctor Mondelo, creador dun sistema informático de apoio á diagnose de electrocardiogramas que facilita o traballo do persoal sanitario na toma de decisións.

Os seguintes cinco episodios do podcast Ciencia de Ida e Volta emitiranse con motivo da celebración, o 8 de xuño, do Día Mundial dos Océanos. O proxecto, liderado pola Unidade de Cultura Científica da UVigo, realízase coa  coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O alumnado sénior da UVigo convértese en embaixador da ciencia en cafetarías de Pontevedra, Vigo e Ourense

Estudantes do Programa Universitario de Maiores impartirán charlas divulgativas en locais de encontro das tres cidades galegas

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

A UVigo promove o coidado do mar nas aulas de Vilaboa polo Día Mundial da Pesca

O alumnado do CPI do Toural participará en actividades gamificadas e artísticas no mes de decembro