Estas son as fotos do galego Julio Castro, premiado nos ‘Oscar da fotografía’

"O arco" consegue o premio á mellor imaxe de paisaxe, mentres que "Noite nos Dolomitas" acada unha medalla de ouro en panorámicas

O fotógrafo galego Julio Castro volve impactar ao mundo enteiro coas súas novas panorámicas, aumentando así o seu palmarés nun dos concursos de fotografía máis importantes a nivel internacional, o Trierenberg Super Circuit, coñecido como o ‘Oscar da fotografía’, e no que xa fora premiado en 2018. Traballando como guía fotográfico para unha empresa de viaxes, Castro acadou o premio á mellor fotografía de paisaxe do concurso e medalla de ouro en panorámicas.

Nesta ocasión, o fotógrafo viaxou a Namibia para capturar o arco natural de Spitzkoppe. A imaxe chamada ‘O arco’ foi tomada no momento xusto no que o sol se puña entre as montañas, proxectando unha potente luz dourada sobre a roca vermella. “Recorda indubidablemente ás paisaxes que podemos atopar no suroeste americano”, admite.

Publicidade

"Noite nos Dolomitas". Crédito: Julio Castro
“Noite nos Dolomitas”. Crédito: Julio Castro

A segunda fotografía, ‘Noite nos Dolomitas’, levou ao fotógrafo ata o Parque Natural das Tres Cimas de Lavaredo, nos Dolomitas Italianos. Nesta imaxe, Castro consegue deter unha sorprendente escena na que a Vía Láctea cae xunto ás tres cimas de Lavaredo, no centro da panorámica, no que tamén se atopa unha persoa iluminando cunha lanterna contra o horizonte. Por diante, pódese ver o refuxio de montaña de Locatelli, á esquerda, e unha pequena capela localizada cara á dereita.

A afección de Julio Castro á astrofotografía xa fora anteriormente premiada por diferentes concursos e certames como son o International Photography Award, Memorial María Luísa, Epson Pano Awards, Sony World Photography Awards, entre outros.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

Como se ve a Vía Láctea dende o espazo? A NASA publica unha imaxe única dende a nave Orión

A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país