O virus Oropouche detéctase por primeira vez en Galicia cun caso importado dende Cuba

O mosquito jején, vector transmisor, non se atopa aínda no continente europeo, mais as autoridades sanitarias admiten que non existe evidencia de que as especies europeas non teñan a mesma capacidade

Na xornada de onte notificábase o primeiro caso de virus Oropouche en Galicia: segundo a Consellería de Sanidade, trataríase dun paciente situado na área sanitaria de Lugo, que non precisou ingreso en ningún momento. Con este, xa son cinco os casos de virus identificados este verán na península, todos eles importados da rexión de Cuba.

As autoridades sanitarias non descartan que haxa máis deteccións no que resta de mes, xa que neste mesmo instante distintos países latinoamericanos sofren un gromo deste virus. Aínda así, o risco de transmisión en Galicia é moi baixo xa que, o vector principal transmitor do virus, o mosquito jején, non está presente en Europa.

Publicidade

Que sabemos sobre o virus Oropouche e sobre o mosquito que o transmite?

Unha sintomatoloxía similar á do dengue

O ouropouche é unha enfermidade zoonótica, causada polo virus homónimo (OROV), pertencente á familia Peribunyaviridae. Detectouse por primeira vez no ano 1955 preto do río Oropouche, en Trinidade.

Publicidade

O virus contáxiase a través da picada dun mosquito infectado, principalmente o Cilicoide paraensis, tamén coñecido como mosquito jején ou jején hematófago.

En canto aos síntomas, a enfermidade de Oropouche cursa dun xeito similar ao dengue: febre, dor de cabeza, rixidez nas articulacións, dores, visión dobre, náuseas… en ocasións moi excepcionais, o paciente pode presentar un caso grave de meninxite aséptica. No 2024, Brasil reportou dous falecidos por Oropouche: Ata este ano, non había rexistros de mortes debidas á enfermidade.

Fai unha semana, a Organización Panamericana da Saúde (OPS/OMS) notificaba gromos do virus en Brasil, Perú, Arxentina, Bolivia, Colombia, Panamá e Trinidade e Tobago. Os casos ata o de agora rexistrados no continente europeo son casos importados, é dicir, de viaxeiros que regresaron deste lugares xa infectados polo virus.

Aínda que a probabilidade de transmisión do Oropouche é baixa ao non estar presentes os seus vectores transmisores en Europa, Sanidade Exterior admite que non existe evidencia de que as especies europeas de mosquitos non poidan transmitir o virus.

Na actualidade non existen vacina nin tratamentos fronte á enfermidade causada polo virus, e a única estratexia fronte ao Oropouche é a prevención e o emprego dalgún medicamento para reducir a febre e a dor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro