Un estudo proba con éxito un novo fármaco eficaz e seguro para a gonorrea

Os ensaios clínicos contaron só con homes brancos e haberá que facer máis controis con mulleres e outras etnias

Unha nova investigación indica que un fármaco, a gepotidacina, é unha medicación segura para a gonorrea. Cun 92,6% de fiabilidade, este ensaio clínico permitirá substituír os anteriores tratamentos, cunha eficacia similar, que datan dos anos noventa.

A importancia deste descubrimento está vinculada ao mal uso dos antibióticos, segundo detallan dende a Axencia SINC. Isto provoca que algunhas enfermidades sexan máis resistentes. No caso da gonorrea, os casos de maior ineficacia da medicación aumentaron nos últimos anos, complicando o seu tratamento. O avance é determinante para que non poida chegar a ser incurable neses casos.

A gepotidacina é un antibiótico utilizado para tratar as infeccións do tracto urinario. O ensaio clínico contou con 628 pacientes, máis dun terzo deles españois. Os resultados amosan que é útil protexendo contra as variantes máis resistentes aos fármacos. Por outra banda, o tratamento como pílula, sen necesidade de inxección, probablemente mellorará a experiencia dos pacientes e reducirá os recursos sanitarios, apuntan os científicos.

Publicidade

Sen mulleres nos ensaios clínicos

A gonorrea é unha infección de transmisión sexual frecuente que, se non se trata con prontitude, pode dar lugar a complicacións graves. É especialmente importante no caso das mulleres, xa que pode aumentar o risco de embarazo ectópico e de infertilidade. A pesar do destacable que é ese impacto, este estudo centrouse principalmente na gonorrea uroxenital. A maioría do grupo do ensaio eran homes brancos. Por iso, é necesario realizar máis investigacións para ver o impacto do novo tratamento na gonorrea do recto e a garganta, e en mulleres, adolescentes e diversas etnias.

As conclusións da fase 3 desta pílula foron publicadas esta semana na revista The Lancet e presentadas na conferencia da Sociedade Europea de Microbioloxía Clínica e Enfermidades Infecciosas (ESCMID, polas súas siglas en inglés), que se celebra en Viena.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional

A borrasca subtropical Charles regará Galicia con fortes chuvias durante o mércores

A nova zona de baixas presións tomará o relevo de Bruna e MeteoGalicia establece a alerta amarela en Ourense por precipitacións

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas