Os ensaios da vacina de Oxford e AstraZeneca continúan despois da revisión de seguridade.
Os ensaios da vacina de Oxford e AstraZeneca continúan despois da revisión de seguridade.

Os ensaios da vacina da Covid-19 de Oxford seguen adiante

A Universidade británica anuncia que todo segue segundo o previsto despois de analizar a reacción adversa dun dos voluntarios

Todo continúa segundo o previsto. A investigación da vacina contra a Covid-19 da Universidade de Oxford e a multinacional AstraZeneca, unha das candidatas que máis avanzado tiña o seu proceso ao situarse xa na fase III de ensaios clínicos, segue adiante despois de paralizarse durante uns días por mor da “enfermidade potencialmente inexplicable” que desenvolveu un dos voluntarios.

Nun comunicado difundido pola páxina web do proxecto, explícase que “o domingo 6 de setembro se produciu unha pausa no estudo” debido a que o proceso de revisión do proxecto tivo que revisar os datos de seguridade por parte dun comité independente. Unha vez concluído este proceso, “e seguindo as recomendacións tanto do comité de seguridade independente como do regulador do Reino Unido, os ensaios reanudaranse“.

Sobre a enfermidade, Oxford expón que “non podemos divulgar información médica” da mesma por razóns de confidencialidade, ao tempo que garantían o compromiso “coa seguridade dos nosos participantes e os máis altos estándares de conduta nos nosos estudos”.

Unhas 18.000 persoas no mundo recibiron xa doses da vacina como parte do ensaio. En grandes probas como esta, espérase que algúns participantes enfermen e cada caso debe ser avaliado coidadosamente para asegurar a avaliación da seguridade da vacina”, expón o comunicado de Oxford.

Pola súa banda, AstraZeneca tamén difundiu un comunicado aos medios de comunicación, onde indicaba que “os ensaios clínicos reanudáronse no Reino Unido tras a confirmación de seguridade do Organismo Regulador de Medicamentos e Produtos Sanitarios (MHRA, polas súas siglas en inglés). AstraZeneca está comprometida coa seguridade dos participantes do ensaio e cos máis altos estándares de conduta nas probas clínicas”.

O freo nos ensaios da vacina: un obstáculo habitual e esperable

Segundo informou The New York Times a semana pasada, citando a unha persoa próxima ao estudo, o motivo da interrupción debeuse a que se descubriu que un dos participantes do ensaio de Reino Unido padecía mielite transversa, unha síndrome inflamatoria que afecta á medula espinal e que adoita ser provocado por infeccións virais. Porén, non quedou detallado se a doenza gardaba unha relación directa coa vacinación. “Todos os investigadores e participantes dos ensaios actualizaranse coa información pertinente e esta divulgarase nos rexistros clínicos mundiais, de acordo co ensaio e as normas regulamentarias”, asegura a compañía.

Mercedes Jiménez Sarmiento, bioquímica de Centro de Investigacións Biolóxicas Margarita Salgas ( CIB-CSIC), explicou á Axencia SINC que “a aparición dunha enfermidade nun único voluntario é suficiente motivo para paralizar o ensaio ata que se analicen as causas. Ante todo, debe primar a seguridade e a transparencia”.

A vacina, con nome técnico ChAdOx1 nCoV-19, é unha das candidatas máis avanzadas na procura da inmunización contra o SARS-CoV-2, xa que se sitúa como unha das nove que actualmente están na fase III dos ensaios. Outras 25 xa se están probando tamén en humanos, segundo o seguimento que fai a Organización Mundial da Saúde (OMS).

A candidata contra a Covid-19 da Universidade de Oxford e AstraZeneca superou con éxito as fases I e II de ensaios clínicos e demostrou seguridade e unha forte resposta inmunitaria nesas etapas cuns 1.000 voluntarios sans. Os resultados publicáronse en xullo na revista The Lancet. Agora, na fase III prevese probar a súa eficacia cuns 30.000 participantes en Estados Unidos, Reino Unido, Brasil e Sudáfrica.

A vacina parte dunha versión debilitada dun adenovirus que causa arrefriado común nos chimpancés, e que foi modificado xeneticamente de maneira que é imposible a súa replicación en humanos. O prototipo foi redeseñado para conter a proteína S (do inglés spike, espícula), presente no coronavirus e que lle dá o seu característico aspecto de punta e coroa na superficie.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.