Suspenden os ensaios da vacina de Oxford para investigar un caso adverso

O consorcio de investigación paraliza os ensaios para determinar a orixe desta reacción adversa, un caso único entre milleiros de probas xa realizadas

AstraZeneca e o Instituto Jenner da Universidade de Oxford pausaron este martes a fase 3 das probas da súa vacina contra o Covid-19, logo de atopar “posibles reaccións adversas” nun participante do estudo no Reino Unido. Trátase dun único caso entre milleiros de probas, que vai ser sometido a unha rigorosa análise, o que fala dos altos niveis de control desta fase da vacina.

“Como parte das probas aleatorias e controladas da vacina contra o coronavirus da Universidade de Oxford a nivel global, o noso proceso de revisión estandar decidiu unha pausa na vacinación para permitir a revisión da información” do paciente, indicou o laboratorio sueco-británico nun comunicado.

Publicidade

O consorcio investigador engadiu: “Esta é unha acción de rutina que ten que suceder cando, durante o desenvolvemento das probas, ten lugar unha enfermidade que potencialmente non teña explicación. A decisión asegura que se manteña a integridade das probas. Durante o transcurso de probas de grande envergadura atoparemos enfermidades aleatorias, pero estas deben ser revisadas de xeito independente. Estamos a traballar para acelerar a revisión deste único evento para minimizar calquera potencial impacto nos obxectivos temporais da proba. Estamos comprometidos coa seguridade dos nosos participantes e mantemos os máis altos estándares nas nosas probas”.

O laboratorio non precisou cales foron os síntomas desenvolvidos pola persoa que levou a paralizar o proceso, pero o portal especializado Stat News describiu sospeitas dunha “seria reacción adversa”. Con todo, unha fonte indicou ao medio que se espera que a persoa se recupere. O laboratorio tampouco especificou cal será o lapso de tempo da paralización do estudo.

Publicidade

En agosto, a UE pechou un acordo coa farmacéutica para asegurar a compra de 300 millóns de doses da vacina. Bruxelas calculaba hai días que a vacina podería chegar ao mercado este mesmo mes de novembro.

AstraZeneca e a Universidade de Oxford uniron as súas forzas na primavera para desenvolver e distribuír a futura vacina contra o Covid-19. En abril realizaron de forma simultánea os ensaios das Fases 1e 2 no sur de Inglaterra e desde finais de xullo a vacina -cuxo nome experimental é AZD1222- atópase na súa última fase de desenvolvemento, que prevé ensaios en 50.000 voluntarios. Tras a conclusión, a farmacéutica prevé fabricar tres mil millóns de doses e asinou acordos con numerosos países de todos os continentes

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Badiola: “Hai unha probabilidade moi alta de que a nova gran pandemia teña orixe animal”

O doutor especialista en sanidade animal, sobre a gripe aviaria: “O risco para a cidadanía é extremadamente baixo, pero non completamente inexistente”

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves