O cribado de cancro de colo de útero detecta máis de 40 casos en Galicia en tres anos

A Consellería de Sanidade indica que o 76% estaban en fase inicial, o que mellora as posibilidades de tratamento e supervivencia das pacientes

O Programa galego de detección precoz de cancro de colo de útero, posto en marcha pola Xunta no ano 2021, diagnosticou ata decembro de 2024 un total de 41 cancros, dos que o 76% estaban en fase inicial. Desta forma, o cribado mellora as posibilidades de tratamento e supervivencia das pacientes.

Desde o comezo do programa, a Dirección Xeral de Saúde Pública invitou a participar 260.347 mulleres, o que representa máis do 41% entre os 35 a 65 anos, segundo informa a Consellería de Sanidade. Neste tempo lévanse analizadas preto de 150.000 mostras, alcanzando unha participación do 56,72%. A positividade global ao virus do papiloma humano (VPH) sitúase no 6,70%, cumprindo cos datos observados na bibliografía desta enfermidade.

Publicidade

No período que vai desde o inicio do programa ata decembro de 2024 realizáronse colposcopias a máis de 4.400 mulleres, detectándose preto de 850 con lesións premalignas CIN 1 cunha taxa de detección de lesións do 6,66 por cada 1.000 mulleres. Houbo 300 participantes con lesión CIN 2 (2,37 por cada 1.000 mulleres), 170 con lesión CIN 3 (1,34 por cada 1.000 mulleres) e 41 cancros de cérvix (0,32 por cada 1.000 mulleres).

Incidencia

O cancro de cérvix sitúase como o cuarto con maior frecuencia no mundo e o segundo máis habitual entre mulleres de 11 a 44 anos en Europa tras o cancro de mama. No mundo, esta enfermidade deriva nun 3,3% da mortalidade global por cancro con máis de 300.000 mortes. En Europa a taxa foi de 3,8 mortes por 100.000 mulleres.

Publicidade

En Galicia, os datos dispoñibles amosan que entre 1996 e 2013 se rexistrou unha media de 49 mortes por ano. Isto supuxo unha taxa de mortalidade aproximada de 4 mortes por 100.000 mulleres, cunha idade media próxima aos 60 anos.

Como participar

A poboación diana deste cribado son as mulleres de 35 a 65 anos residentes en Galicia e con cobertura sanitaria polo sistema público. A invitación realízase mediante carta ou SMS —no caso de ter teléfono de subscrición Servizo Galego de Saúde—. As mulleres que aceptan participar poden escoller entre recoller a mostra cun dispositivo de autotoma —que reciben no seu domicilio— ou cita coa matrona para realizar a proba.

A proba primaria de cribado é a detección de infección polo virus de papiloma humano de alto risco (VPH-AR). Se esta proba é negativa, repetirase aos 5 anos.

Se a proba é positiva, non implica ter cancro necesariamente. É preciso verificar que non existen anomalías nas células, polo que se realizará unha citoloxía. Segundo o xenotipo do virus así como o resultado da proba, estableceranse diferentes actuacións clínicas: seguimento nun período de tempo variable mediante repetición de probas ou derivación a colposcopia para descartar presenza dunha lesión premaligna ou maligna do colo do útero.

Toda muller derivada a colposcopia recibirá, xunto coa cita xestionada polo programa de cribado, unha folla informativa sobre a realización da proba e os posibles resultados.

Unha vez realizada a colposcopia e biopsiadas, e se é o caso, as lesións suxestivas de malignidade, faise unha avaliación individual do risco en función do resultado da anatomía patolóxica e establecerase o seguimento adecuado. Este resultado da avaliación comunícaselle por carta á persoa interesada.

No caso de que se detecte algunha lesión premaligna ou cancro, o programa xestiona directamente unha cita no Servizo de Xinecoloxía correspondente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos